• Foto de Circular polo Concello de Ribeira
  • Foto de Circular polo Concello de Ribeira
  • Foto de Circular polo Concello de Ribeira
  • Foto de Circular polo Concello de Ribeira
  • Foto de Circular polo Concello de Ribeira
  • Foto de Circular polo Concello de Ribeira

Tempo  9 horas 25 minutos

Coordenadas 2038

Fecha de subida 15 de abril de 2014

Fecha de realización abril 2014

-
-
216 m
11 m
0
6,1
12
24,32 km

Vista 1157 veces, descargada 19 veces

preto de Crucero, Galicia (España)

Ruta circular polo concello de Ribeira, marcada como PR-G 92, inexistente hoxe en día, segundo un catálogo de sendeiros que cumpren as condicións de homologación exixidas pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ou pola Federación Galega de Montañismo, publicado pola Xunta de Galicia (Galicia sendas para descubrir un país), aínda que se encontra en perfecto estado para poder camiñar. As sinais, moitas delas pintadas recentemente, outras antigas, mostran o camiño a seguir. En algúns dos cruces hai que fixarse un pouco mais, pero o final atópanse.

Como é circular pódese iniciar onde se queira. Nos fixémolo preto de Oleiros, na estrada AC-302, por onde pasa a ruta, para poder xantar en Ribeira. O primeiro que nos atopamos e o Dólme de Axeitos, para a continuación entrar no Parque Natural de Corrubedo. No complexo húmido de Corrubedo, para non mollarnos moito, tivemos que pasar por encima duns xuncos existentes na braña, un pequeno anaco de camiño. Xa moi preto iniciamos unha pequena e pronunciada subida ata chegar o alto do Monte da Cidá, onde atopamos traballadores facendo escavacións arqueolóxicas no poboado castrexo. Dende este alto, as vistas de toda a Ría de Arousa con tódolos pobos da costa é algo extraordinario. Despois de unha pequena baixada atopamos o Miradoiro "A Pedra da Rá", dende onde podemos apreciar as marabillosas vistas de toda a extensión das Dunas de Corrubedo. O seguinte é xantar no Mesón A Cabaña en Ribeira. Pola tarde percorremos Ribeira polo paseo a beira do porto e da praia. Outra subida ata chegar o Miradoiro e capela de San Alberte, onde as vistas seguen sendo marabillosas. Dende aquí percorremos o que nos falta para chegar o punto de inicio de esta bonita camiñada.

Temos un pouco mais de asfalto do que nos gustaría, aínda que a maioría do traxecto transcorre por camiños, carreiros e pistas forestais.
Waypoint

Castro da Cidá

Waypoint

Complexo Húmido de Corrubedo

Waypoint

Dólmen de Axeitos

Waypoint

Mesón A Cabaña

Waypoint

Miradoiro A Pedra da Rá

Waypoint

Miradoiro e capela de San Alberte

Waypoint

Punto de inicio

Waypoint

Área de lecer

1 comentario

  • Xabarín Montuno 01-ene-2018

    Efectivamente, el asfalto es el problema general del senderismo en Galicia, se ha querido comunicar con cemento o asfalto hasta los caminos a los montes, viñedos, etc conviertiendo antiguos caminos es pistas asfaltadas, que no hay forma de evitar, salvo que se haga un plan de abrir rutas como está haciendo Orlando en el Caurel. Solo así se podrá tener una oferta de auténticos senderos.

Si quieres, puedes o esta ruta