Coordenadas 3209

Fecha de subida 15 de junio de 2018

Fecha de realización junio 2018

-
-
934 m
430 m
0
6,2
12
24,79 km

Vista 92 veces, descargada 2 veces

preto de San Torcuato, Galicia (España)

Baseándonos na primeira etapa da andaina de Allariz, feita en abril de 2017, fixemos nós esta.

Iniciámola nun aparcadoiro que hai preto da Igrexa de San Trocado. Camiñamos uns metros pola estada OU-300. De seguido atopamos as sinais que nos mostraba o camiño a seguir. Estas sinais vannos acompañar durante a maioría de noso traxecto, posto que algo o variamos.

Un primeiro tramo de subida lévanos durante seis quilómetros por sendeiros enchidos de beleza, rodeados de árbores autóctonos e carballeiras, cruzando soamente o lugar de Pumares, ata chegar a un pequeno pozo regado polo regato da Forma que segundo nos informa un paisano do lugar, chegaba dabondo para o rego das fincas que fai moitos anos dedicábanse á agricultura.

Un pequeno tramo de baixada, lévanos ata o lugar de Penamá. Agora toca subir outra vez, esta máis pronunciada ata chegar o cumio do monte do mesmo nome que o lugar, Penamá. Tocamos o punto xeodésico onde o noso GPS marcaba unha altitude de 930 metros. Levábamos camiñando oito quilómetros.

Agora toca descender. Continuamos vendo paisaxes moi fotográficos. O sendeiro vólvese pista que atravesa unha zona de verde campiña para o alimento dos animais, aínda que só atopamos unha boa cantidade de burros, que tamén nos dixeron que abundaban nesta zona.

Chegamos ao lugar de O Salvador, onde se atopa a Igrexa románica, San Salvador dos Penedos. Un bonito lugar con recentes construcións de alpendres ao redor da igrexa. Estamos no quilometro 14.

Continuamos descendendo, cruzamos os lugares de Paicordeiro e Roimelo, moi preto xa de Allariz.

Entramos en Allariz e o primeiro que nos atopamos é a Igrexa de San Pedro, estilo románico do século XII, consagrada en 1170, conservándose a ábsida cuadrangular e os canecillos que soportan o beirado. A torre campanario tamén é medieval.

Un paseo polo casco histórico antes de dirixirnos ao restaurante A Horta para repoñer forzas e continuar pola tarde.

Despois de xantar continuamos polo casco histórico, atopándonos con unha boa cantidade de igrexas, a de San Bieito pegada ao convento de Santa Clara, a de Santiago, a do Santo Estevo e a de Santa María de Vilanova. Dirixímonos cara a ponte románica de Vilanova sobre o Río Arnoia, que era a principal vía de acceso. Estaba defendido polos cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. Conserva dous grandes arcos de medio punto, lixeiramente apuntados, propios do medievo. Nos arredores de ponte hai un relaxante paseo e unha gran zona de esparexemento con xardíns e áreas de xogos.

Se picamos co rato sobre Allariz, podemos ver a páxina do Concello con toda a información.

Nós continuamos o que nos queda por percorrer ata o inicio, pola beira dereita do Río Arnoia. Un precioso paseo chairo ata o luar de A Portela. A partir de aquí, por un camiño empedrado con algo de auga, percorremos os últimos quilómetros que nos quedan.

Unha fermosa ruta, apenas ten asfalto, agás o percorrido por Allariz. Camiños cheos de árbores, todos eles autóctonos. Merece moito a pena volver a facela.

O tempo en movemento que marca o Gps foi de 6 horas 36 minutos, con unha media de 3,8 quilómetros hora.
N42.17918° W7.84486°
N42.18550° W7.79633°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta