-
-
671 m
363 m
0
5,5
11
22,08 km

Vista 1297 veces, descargada 16 veces

preto de Corredoira, Galicia (España)

Este circular polas terras altas de Cotobade, facémolo baseándonos maioritariamente na que fixo jesussimon en outubro 2012.
Percorremos a maioría de traxecto polo monte do Seixo da serra do Cando. Atravesamos dende a nosa saída da igrexa de San Gregorio de Corredoira, aldeas das parroquias de Corredoira, Caroi e Loureiro. Tras pasar a ermida da Virxe das Neves, conectamos co sendeiro do Foxo do Lobo, que nos leva ata Carballedo, onde no lugar de A Chan, xantamos no mesón Casa Inés, moi ben atendidos coma sempre.
Este percorrido non ten moito asfalto. Ten camiños, pistas forestais, carreiros e incluso algunha congostra e tamén algunha corredoira. Cabe suliñar que por algúns dos camiños que pasamos, atopamos dificultades pola lama e auga que contiñan, tendo que buscar alternativas de paso, polo que e recomendable facer esta ruta en época primaveral. Existen cerres nos camiños con arames de pico que en un dos casos non puidemos abrir, polo que tivemos que rodear para poder pasar. Salvo estes mínimos inconvenientes, o resto e todo unha gozada camiñar polos bosques que atopamos de arboredo autóctono, polas pradeiras con algunha que outra vaca nelas, todas cercadas con valos de pedra, e tamén pola beira do río Almofrei.
Área de lecer as beiras do río Almofrei. Ten mesas e unha piscina.
Lugar na parroquia de Caroi.
Ermida preto da praciña de Caroi.
Ermida na parroquia de Loureiro.
Fonte na estrada, preto de A Anta, Corredoira.
Fonte no lugar de A Casola, Caroi.
Igrexa parroquial de San Gregorio de Corredoira, Cotobade.
Igrexa parroquial de Santiago de Caroi, Cotobade.
Lugar na parroquia de Corredoira.
Tributario do río Lérez e que atravesa o concello de Cotobade.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta