Nos concellos de Lousame, Rianxo, Dodro e Rois, atopámonos cos dous dos montes mais altos, o Muralla e o Treito. Neles está instalado un dos moitos parques eólicos que existen en Galicia. Nos miradoiros que teñen, pódese apreciar unhas marabillosas vistas, que en días despexados fanse moito mais bonitas.
Esta ruta iniciámola no lugar de Aldarís en dirección os citados montes,
Muralla en primeiro lugar e Treito a continuación.
Xantamos en Vilachán, no Bar Benjamín. Pola tarde facemos o resto do percorrido ata o inicio por camiños e carreiros que nestes días están bastante anegados pola cantidade de auga caída. En algúns tramos tivemos que desviarnos un pouco, porque a cantidade de auga era tal, que o camiño parecía un regato.
Un pouco de asfalto, que se fai sen complicacións, son pistas rurais que non teñen apenas tráfico.
Pensamos que non é conveniente facer esta ruta en inverno. Desfrutarase moito mas dela con bo tempo.
Comentarios