Tiempo en movimiento  2 horas 33 minutos

Coordenadas 2130

Fecha de subida 24 de febrero de 2020

Fecha de realización febrero 2020

-
-
510 m
330 m
0
3,1
6,1
12,24 km

Vista 15 veces, descargada 0 veces

preto de Moreiras, Galicia (España)

Esta ruta, amena e sen excesiva complicación, coincide en parte coa "Ruta dos Muíños" que transcorre a carón do río Loña, no concello do Pereiro de Aguiar. Ademais ten uns treitos por carballeiras e aldeas dos arredores. Foi feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/carballeiras-e-bosques-de-galeria-do-lona-38095782
Comeza a carón da (espantosa) urbanización Veiga de Abaixo, onde hai lugar abondo para estacionar. Tén unha parte de subida cara Cima de Vila, onde podemos ver un interesante conxunto dunha capeliña, un cabaceiro e unhas casas de boa factura.
Descéndese cara Boeiros e axiña se chega a carón do Loña que acompañaremos en doce subida por unha beiras despexadas. De camiño atopamos varios muíños que no seu tempo foron importantes e hoxe ou están xa na ruína total ou nun estado de abandono (e vandalización) triste.
En chegando ao cruce coa estrada OU-0510, deixamos o río para (pasando a carón do campo de fútbol de Loñoá) ir á aldea de Cebreiros na que podemos observar tamén un fermoso conxunto rural, aínda non na ruína total...
Continuando polo medio de touzas e algún prado, chegamos outra vez ao río, que cruzaremos para seguilo a favor da corrente ata chegar a carón da urbanización de partida. Subimos xa atravesándoa, mais pola súa parte inferior chegariamos a unha área de lecer.
Case na súa totalidade, transcorre por camiños, sendeiros e pistas; ben despexadas e con abondosa cobertura arbórea. Non hai moito problema de zonas lagoeiras. A senda do río está desbrozada.
En resumo: sen ser espectacular (na miña opinión), é unha ruta interesante (paisaxe, aldeas, muíños, pontellas, o río, carballeiras...) de doado acceso, e cercana para a zona de Ourense capital. Recomendable para persoas cunha forma física "normaliña". Pódese facer en calquera época do ano (se cadra non con grandes cheas!).
parquing

Urbanización Veiga Baixa

Intersección

Esquerda

Deixar a estrada.
Intersección

Seguir dereito.

Intersección

Dereita

Intersección

Esquerda

Subir a carón do pechamento da finca dunha casa.
Intersección

Esquerda

Edificio de interés

Conxunto urbano bonito.

árbol

Camiño

Intersección

Esquerda

Intersección

Esquerda

Preto de Chaodarcas
Intersección

Esquerda

Intersección

De fronte

Á dereita sae un pintoresco camiño, pero non o colleremos.
Intersección

Dereita, pista.

Intersección

Esquerda

Intersección

Esquerda

Seguir uns metros a estrada.
Parada de autobús

Dereita

A carón da caseta do bus!!
Intersección

Esquerda

Ponte

Ponte

Edificio de interés

Muíño das Muiñeiras e pontella

Río

Preseira e bolos

Río

Loña

Edificio de interés

Muíño do Faba

Lago

Preseira

Intersección

Esquerda

Intersección

Esquerda

Parque

Campo de fútbol

De herba artificial.
Intersección

Dereita

Edificio de interés

Cebreiros

Intersección

Dereita

Pola dereita da torre eléctrica.
Intersección

Esquerda

A carón dun vertedoiro de neumáticos.
Intersección

Dereita

Intersección

Esquerda

fuente

Esquerda e fonte.

Ponte

Ponte

Río

Preseira

Edificio de interés

Muíño do Orentino

Podemos continuar a carón do río ata a área de lecer ou atallar pola urbanización...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta