Sé el primero en aplaudir
Vista 25 veces, descargada 1 veces
preto de Campiellos, Asturias (España)
Subida á Xamoca, un dos picos máis representativos do Parque Natural de Redes, Reserva da Biosfera.
INICIO
Dende o pobo de Campiellos, onde podemos deixar o coche. Ten aparcadoiro na entrada.
DESCRICIÓN
Trátase dunha ruta bastante transitada e ben sinalizada, sobre todo na ascensión directa ao cumio. Partimos por unha pista de formigón longuísima que chega ata a Mallada de LLagos. Alí atoparemos indicadores, para ir a Xamoca e para ir de volta polo collado de Unqueru. Despóis de atravesar un pequeno souto moi enlamado collemos por unha zona de pedras calizas de cor branca que nos leva ao cumio. A volta é defacendo o camiño ata o poste que incica o collado de Unqueru, que collemos para comenzar a baixada sempre no sentodo do reloxo.
A baixada é seguir o sendeiro, tan perfectamente marcado como desfeito polo abundante gando da zona. Ademáis se coincide que choveu moito nos últimos días, o terreo é impracticabel, non hai onde pisar, todo auga e lama, leva horas facer uns poucos quilómetros.
RESUMO
Ruta bonita, moi verde, con boas paisaxes, pero non moi recomendábel cando está moi húmeda.
Waypoint
Sinalando o cumio
Waypoint
Ollando cara abaixo
Comentarios