-
-
646 m
336 m
0
5,8
12
23,31 km

Vista 314 veces, descargada 1 veces

preto de Codeseda, Galicia (España)

esta ruta colle de referencia a ruta reto codeseda - Sabucedo https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11791101 de 29,9 km promovida pola asociación Codeseda (parabéns pola iniciativa), pero a recorta en 2 puntos para que sexan sobre 23 km. O primeiro atallo é ao pouco de empexar e consiste en seguir por carretera con pouco tráfico pouco tempo, o segundo atallo é contra o final da ruta, a uns 3 km despois de pasar Sabucedo, e vai algo de cortalumes e algo de monte a través, cruzando un rego.
Da ruta gustaronme especialmente os primeiros 11 kilómetros aproximadamente ao ir bastante pola beira do Umia e bosques autóctonos e a zona de Sabucedo.
Estaba limpa e ben marcada, un pequeno problema é que en varios sitios o camiño ten peches polo gando, e en xeral pásanse facilmente, exceptuando un que hai despois de pasar Sabucedo que estaba dificil de abrir.
Considero unha ruta media - facil, (na clasificación de Wikiloc dubidei entre facil e moderada) ten en conta que son 23 km e o tramo máis duro é unha ascensión duns 3 kilómetros despois de pasar Sabucedo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta