Descargar

Lonxitude

17,58 km

Desnivel positivo

630 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

630 m

Altitud máxima

266 m

Trailrank

37

Altitud mínima

2 m

Tipo de ruta

Circular

Tempo

5 horas 58 minutos

Coordenadas

854

Fecha de subida

15 de noviembre de 2017

Fecha de realización

noviembre 2017
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
266 m
2 m
17,58 km

Vista 277 veces, descargada 7 veces

preto de Campos, Galicia (España)


Distancia: 17,2 km (05:20 horas)
Tempo en movemento: 04:52 h
Velocidade media: 2,88 km/h
Vel. en Mov.: 3,53 km/h

Ruta circular que enlaza tres impresionantes praias de cantos rodados por medio dos salvaxes cantís dunha costa indómita.

Podemos facela lineal ou circular, como nós propoñemos, para evitar os fortes descensos da volta.

Saímos das inmediacións do coído e portiño de Touriñán facendo coincidir a nosa ruta co Camiños dos Faros en sentido inverso: http://www.caminodosfaros.com/etapa-7-muxia-nemina/ . Percorreremos pola banda do mar as veigas de Touriñán para chegar á praia e coído de Moreira. Despois de admirar ese caos de bloques redondeados pola erosión do mar, ascenderemos polo cantil ao cumio do Pedrouzo (272 m.). Tras a dura ascensión escalonada gozaremos dunha vista de 360º na que distinguiremos o Monte Pindo, o cabo da Nave e a península de Fisterra, o cabo Touriñán, a punta da Buitra ou o cabo Vilán. Un forte descenso levaranos entre bosques de piñeiros a unha fraga nas beiras do rego de Cuño. Na súa desembocadura comeza o coído de Cuño.

Regresaremos pola pista que nos conduce á estrada e a aldea de Cuño. Seguiremos a estrada que vén de Muxía cara Touriñán durante 6 km polo interior, a través de paisaxes agropecuarias, polas aldeas de Cuño, Figueiroa e Martineto. Un pouco despois de pasar Viseu, collemos unha pista á dereita en descenso para visitar a igrexa e o cruceiro de San Martiño de Touriñán e enlazar máis adiante co camiño de ida.

Ver más external

Waypoint

Inicio

Waypoint

Coído de Cuño

Waypoint

Fin

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta