-
-
361 m
114 m
0
2,1
4,2
8,43 km

Vista 4364 veces, descargada 70 veces

preto de Coles, Galicia (España)

Este sendeiro está case todo sinalizado polo que pode facerse sen GPS. Comezaremos a nosa andaina na aldea de Meriz e imos seguir case sempre as marcas brancas e azuis de sendeiro local.
Logo de pasar a igrexa de Meriz e un cruceiro, metémonos por un camiño que nos leva ata unha zona moi frondosa a beira do rego Lusín e con dous muíños restaurados. Pasando unha colosal rocha cabaleira e outros dous muíños, temos que seguir por unha corredoira que baixa a esquerda, antes de chegar a unhas casas.
Pasamos por riba de un muro, que fai de sendeiro, para chegar a Seoane e despois de uns cen metros collemos unha corredoira que baixa a esquerda e nos mergullamos nunha fraga. Se vamos atentos, veremos que hai un sinal que nos indica baixar por medio do bosque por un carreiro pouco definido, pero, coidado, nos seguimos de fronte por a congostra que remata en Prado. Aquí veremos a igrexa románica (con parte superior barroca) de San Xulián de Rivela, así como un calvario e a casa reitoral do século XVIII con súa capela.
Agora baixamos uns cen metros polo asfalto e logo de pasar, a esquerda, unha casa grande con unha troneira por onde se disparaba, saímos da estrada a man dereita para pasar por o núcleo da aldea de Rivela, con casas de pedra e madeira con seu patín.
Atravesamos a estrada e unha fonda corredoira nos leva sempre rectos a unha pontella sobre o Lusín. A setenta metros chegamos a un cruce de sendeiros: o local, con sinais brancos e azuis, o de curto percorrido (branco e amarelo) e o de longo percorrido desde Ourense a Os Peares (branco e vermello). A este punto volveremos logo de seguir o sendeiro que baixa ata o clube náutico de Rivela no río Miño e cunha contorna de gran beleza.
Retornamos ao punto anterior de encrucillada de sendeiros e subimos a dereita para pasar por Outeiro, seguindo as marcas brancas e azuis. Saíndo da aldea imos por a corredoira da esquerda e atravesando de novo o rego Lusín, atopámonos nunha fraga das que non se poden deixar de ver. A frondosidade e o murmurio da auga son abraiantes.
Subindo polo bosque chegamos a corredoira que pasamos antes de Prado e desde aquí desfacemos o treito de ida para rematar en Meriz, onde comezamos.
Sendeiro altamente aconsellable pola súa beleza natural.
31-OCT-09 13:25:57
31-OCT-09 13:22:11
31-OCT-09 14:14:09
31-OCT-09 14:09:39
31-OCT-09 12:36:16
31-OCT-09 13:24:57
31-OCT-09 12:33:58
31-OCT-09 13:17:58
31-OCT-09 12:30:25
31-OCT-09 12:45:38
31-OCT-09 12:48:27
31-OCT-09 12:53:23
31-OCT-09 12:54:27
31-OCT-09 12:55:48
31-OCT-09 14:05:55
31-OCT-09 15:06:42
31-OCT-09 15:02:37
31-OCT-09 13:17:06
31-OCT-09 14:07:24
31-OCT-09 12:49:54
31-OCT-09 15:07:47
31-OCT-09 13:52:45
31-OCT-09 13:00:32

2 comentarios

  • tch2k2 30-sep-2011

    Nesta zona: beira do rego Lusín e con dous muíños restaurados...no veran o cheiro por mor de augas fecales no regato é insoportabel.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 30-sep-2011

    Mágoa que pase esto nunha zona tan fermosa. Saúdos de Suso.

Si quieres, puedes o esta ruta