-
-
898 m
610 m
0
3,8
7,5
15,04 km

Vista 3087 veces, descargada 45 veces

preto de Lamas de Mouro, Viana do Castelo (Portugal)

Este roteiro non sinalizado é un dos tres aneis do que foi a I Rota do Lobo, dos Bombeiros Voluntarios de Melgaço.
Recorre a conca alta do río Mouro, que nace nos arredores do centro de interpretación de Lamas de Mouro, na porta de entrada ao Parque da Peneda. Aquí comezamos acompañando ao río Mouro, aos poucos metros do seu nacedeiro e o cruzaremos por unhas poldras a un quilómetro e medio de empezar e ao seguir pasamos por un rego afluente seu, alonxándonos do Mouro.
Logo de baixar por un camiño moi pedregoso atopámonos de novo co río Mouro, seguindo por unha corredoira empedrada con arboreda a súas beiras e, pasada a estrada, subimos cara a aldea de Cubalhao, onde podremos ver algunhas almiñas e, xa no Lugar de Abaixo, pasamos ao carón da igrexa.
Proseguimos o percorrido baixando para achegarnos de novo ao río e enfronte vemos unha fermosa paisaxe conformada polos socalcos de cultivo. Imos ata Cortegada, que abandonamos subindo por un camiño empedrado e con vistas as fragas que temos aos nosos pés.
Deixamos atrás unhas típicas casas de pedra por un camiño entre leiras, para sair a unha zona de monte baixo e coa impresionante cadea montañosa da Peneda alá no horizonte.
Vadeamos sen difilcutade outro afluente do río Mouro saltando por pedras e moi cerca dun macizo granítico. Estamos moi perto das beiras do Mouro e, logo das ruínas dun muíño, enfilamos para o punto de saída, que acadamos pasando un piñeiral.
22-ENE-12 13:35:22
22-ENE-12 15:39:13
22-ENE-12 15:55:18
22-ENE-12 12:11:33
22-ENE-12 15:19:39
22-ENE-12 14:03:04
22-ENE-12 14:32:18
22-ENE-12 15:20:09
22-ENE-12 15:58:42
22-ENE-12 14:07:50
22-ENE-12 14:08:51
22-ENE-12 14:34:01
22-ENE-12 16:51:15
22-ENE-12 14:01:04
22-ENE-12 14:02:03
22-ENE-12 14:33:04
22-ENE-12 17:16:42
22-ENE-12 12:53:57
22-ENE-12 16:15:08
22-ENE-12 13:33:49
22-ENE-12 13:12:54
22-ENE-12 16:11:31
22-ENE-12 17:12:27
22-ENE-12 16:33:49
22-ENE-12 15:04:39

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta