-
-
1.268 m
1.031 m
0
5,1
10
20,34 km

Vista 1552 veces, descargada 9 veces

preto de Bangueses de Abajo, Galicia (España)

Pedrafita de orixe prehistórico que na Idade Media foi reempregada como marco de división de catro parroquias representadas con cruces.
Túmulo megalítico de grandes dimensións, construído no 3º milenio antes da nosa era para enterramentos de inhumación.
Trampa para lobos de orixe medieval moi deteriorada.
Necrópole neolítica composta por once túmulos funerarios con gran variedade de cámaras.
Monumento funerario de enterramento colectivo que data do III Milenio antes da nosa era; época prehistórica coñecida como Megalitismo (do grego, mega: grande; lytos: pedra). Componse dun gran túmulo de terra, que agocha no seu interior unha cámara de grandes pedras (dólmen), con cinco ortostatos chantados que forman unha anta poligonal tapada cunha gran lousa plana, e un corredor de entrada tamén cuberto con lousas. Esta mota, ven sendo unha das máis grandes do país, con 52 metros de diámetro, 4.000 m3 de volume e case catro metros de altura. O complexo mundo dos mortos, do máis alá e dos rituais comeza a espertar paixóns no Neolítico. As sociedades desenvolven complexos sistemas de culto á morte, onde a simboloxía e as ofrendas xogan un papel fundamental. No interior dos chantos da Mota Grande, como en tantas outras mámoas, están representados multitude de símbolos artísticos que falan dese respeto e veneración polos mortos. Aparecen gravuras e restos de pinturas en espirais, ondas, zigue-zagues, serpentiformes e outros motivos abstractos de difícil interpretación.
Cámara poligonal con corredor de entrada do túmulo megalítico da Portela de Pau

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta