-
-
220 m
11 m
0
2,7
5,4
10,89 km

Vista 424 veces, descargada 5 veces

preto de Insua, Galicia (España)

O inicio da andaina , comeza dende o faro de Fisterra, tradicionalmente considerado como o cabo da fin do mundo “Finis Terrae” construido en 1853, a 138 metros sobre o mar. Avanzado xa un quilómetro, podremos contemplar o Centolo, antigamente coñecido como Centulo(demo), que está situado a 700 metros da costa e elevase a 25 metros sobre o nivel do mar. Dende alí, gozaremos dunha fermosa paisaxe ata chegar a Praia de Mar de Fora, onde conectaremos ca Insua, lugar onde habitan moitos Fisterráns. Unha vez chegados a Igrexa de Santa Maria das Areas (s. XII), faremos unha breve parada para finalmente adentrarnos no bosque en dirección San Guillermo, onde se atopan restos dunha ermida, que foi destruida no século XVIII. Dende este lugar, iniciaremos o descenso, onde unha vez chegados ao km 0, daremos por finalizado o percorrido.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta