Descargar

Distancia

11,53 km

Desnivel positivo

278 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

279 m

Altitud máxima

188 m

Trailrank

28

Altitud mínima

-2 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Coñece a Costa da Morte 2018: Miradoiros (Concello de Ponteceso)
  • Foto de Coñece a Costa da Morte 2018: Miradoiros (Concello de Ponteceso)
  • Foto de Coñece a Costa da Morte 2018: Miradoiros (Concello de Ponteceso)

Coordenadas

277

Fecha de subida

24 de abril de 2018

Fecha de realización

abril 2018

Seguimiento en Vivo

Deja que quien tú decidas sepa dónde te encuentras mientras sigues o grabas una ruta desde la app.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Seguimiento en Vivo Seguimiento en Vivo
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
188 m
-2 m
11,53 km

Vista 536 veces, descargada 4 veces

preto de Trabe, Galicia (España)

Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte 2018
Andaina do Concello de Ponteceso, sábado 05/05/2018., de 10.00h a 14.00h

A saída desta Andaina empeza en Ponteceso, no Centro Cultural- Oficina de Turismo e MELGA (Museo Entolúdico de Galicia) ,vai polo paseo fluvial (onde hai un monolito pondaliano obra de Isaac Díaz Pardo) ata a praza do Recheo. Cruzamos a ponte de Ponteceso e vemos a casa natal do poeta/bardo de Bergantiños Eduardo Pondal (autor da letra do himno galego, a música é de Pascual Veiga)
Transcorre un tramo da ruta de sendeirismo homologado PR-G 148 e PR-G 148.1
Camiñaremos -polo malecón do Couto- a carón do río Anllóns ata o esteiro, espazo intermareal que é Zona Especial de Conservación (ZEC) e Zona Especial de Protección para as Aves (ZEPA)- Rede Natura 2000.
Pasamos por Currás (O Couto) -onde está a Fervenza da Princesa Moura Encantada-que inspirou a Eduardo Pondal.
Empezamos a subir ata o alto do Monte Branco (176m.) Desde este miradoiro podemos contemplar unhas fermosas e relaxantes vistas panorámicas do esteiro do río Anllóns, a ría de Corme e Laxe, a praia de Balarés, Cabana de Bergantiños, Laxe e incluso, con día despexado , Arou. –é un bo lugar para parar e repoñer forzas.
Despois iremos ata o monte dos Loureiros (187m) onde hai fermosa vista panorámica. No último treito, veremos as vilas mariñeiras de Corme e Laxe. Remataremos na praia de Balarés.
-Igual hai algunha sorpresa polo camino- Espero que disfrutes !
Agradaríame verte.!
Conto contigo !
Javier, área de turismo do concello de Ponteceso
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Información para autobuses
Unha vez pasada a ponte de Ponteceso seguir recto a estrada 1 km (a dereita quedará ABANCA, seguir, a esquerda quedará a gasolinera e 300 m a esquerda xa se ve o Centro Cultural.)
Saída da Andaina: Centro Cultural de Ponteceso 43º 14´46.9¨ N 8º 53´30.3 W
Chegada: Praia de Balarés 43º 14´34.1¨ N 8º 56´39.3 W

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta