Tempo  6 horas 34 minutos

Coordenadas 1569

Fecha de subida 27 de junio de 2015

Fecha de realización junio 2015

-
-
138 m
51 m
0
4,2
8,4
16,77 km

Vista 794 veces, descargada 2 veces

preto de Corrubedo, Galicia (España)

Ruta moi fermosa, doada e con moitas posibilidades didácticas. O percorrido segue fielmente (menos nalgunha variación moi pequena que fixemos) unha ruta demarcada polo propio concello. Paréceme un tanto perigosa para facer a cabalo, máis en bici, segundo o trazado e as condicións dalgúns tramos.
Indico no título que a realicei con alumnado (universitario) sen previa preparación física e de idades moi variadas (20s-50s), non sendo isto handicap ningún para a boa marcha da excursión.
Catalógoa como moderada porque require ben cinco horas para facela en grupo (nós fixemos moitas paradas), aínda que a proba previa realizada fora de catro horas e cuarto (dúas persoas só, tamén sen preparación específica).
Moi doada de seguir, con respecto ao trazado orixinal do concello tivemos que desviarnos porque unha das estradas polas que pasa estaba cortada naquel momento (imaxino que xa non será o caso).
Se mal non lembro, posúe unha fonte, onda a igrexa barroca de Olveira,
Pode facerse nos dous sentidos, do porto ao faro ou do porto á marisma e dunas.

Puntos de interese:

Porto de Corrubedo
Faro "Roxo"
Praia de Bailieiros (antiga praia onde atracaban os barcos cazadores de baleas)
Área de descanso con mesas e sombra para comer en Espiñeiredo
Igrexa Barroca de Olveira
Duna de Corrubedo
Marismas do Carregal

A simple vista poden observarse aves mariñas, moita fauna mariña e dá pé para falar da cultura mariñeira da zona, das artes de pesca, os afundimentos etc. Moi recomendable.
panoramica

Vista da costa

Vista da costa
foto

Parada e vistas

Parada e vistas
parquing

Parquing praia

Parquing praia
foto

O grupo ao sol

O grupo ao sol
Picnic

Espiñeiredo

Espiñeiredo
Praia

Duna da Ferreira

Duna da Ferreira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta