Tempo  6 horas 16 minutos

Coordenadas 2583

Fecha de subida 11 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
242 m
-2 m
0
5,5
11
21,98 km

Vista 627 veces, descargada 22 veces

preto de Donòn, Galicia (España)

Ruta circular no concello de Cangas, que recorre a Costa da Vela e Cabo Home.
Comezamos a ruta en Donón, nun aparcadoiro a carón da escultura da Caracola, a pouco máis de 1 km. subiremos ao castro do Monte Facho, xa teremos unha vistas espectaculares das Illas Cíes e do Cabo Home.
Descendemos e poñemos rumbo a Punta Couso, onde unha desagradable sorpresa impediranos o paso ata o Faro de Punta Couso. No km. 4,6 da ruta atoparemos unha cancela dunha urbanización privada que nos impide o paso (...según sentenza do Tribunal Supremo); intentamos sortear este inconvinte por un camiño de fentos e xestas (no km. 4,8 faise complicado pasar-non recomendable); superado este obstáculo chegamos novamente a un camiño que vai hacia o faro, pero unha nova cancela pechanos o paso.
Recomendamos evitar este tramo da ruta (Punta Couso).
Collemos o camiño que vai cara Punta Lalada e logo continuamos a Praia de Areabrava, cruzamos Vilanova, e cando chegamos a un indicador que pon Pinténs, collemos unha pista a dereita que logo será camiño ata o Facho de Hío; onde nos esperan unhas vistas espectaculares de toda a ría. Descedemos polo mesmo camiño ata a estrada que vai a Donón (EP-1006), ao cruzar a estrada coleremos un camiño pegado o valo dunha casa, cando atopemos as primeiras casas colleremos un camiño a esquerda que nos levará ata Viñó e voltaremos ao mar na Praia de Barra.
Dende a Praia de Barra, un camiño en ascenso levaranos ata o Faro de Punta Subrido. (a 600 metros da praia o camiño divídese, non coller o camiño da esquerda, pois uns metros máis adiante está cortado por outra cancela.)
Dende Punta Subrido pasando pola Praia de Melide chegaremos os outros dous faros: Punta Robaleira e logo Cabo Home, dende onde voltaremos ao punto de incio da ruta.
Ruta cunhas vistas maravillosas e fácil de camiñar (agás o camiño de xestas no acceso a Punta Couso que se pode evitar conectando o km. 4,4 da ruta co km. 6,8).

Distancia: 22 km.
Tempo total: 6h. 15 ´
Tempo en movemento: 4h. 50´
Waypoint

Camiño con xestas

Waypoint

Camiño cortado

Waypoint

Caracola de Donón

Waypoint

Facho de Hio

Waypoint

Faro de Cabo Home

Waypoint

Faro de Punta Robaleira

Waypoint

Faro de Punta Subrido

Waypoint

Monte Facho

Waypoint

Pintens

Waypoint

Pista cortada

Waypoint

Ponte

Waypoint

Praia de Estrepeiros

Waypoint

Praia de Areabrava

Waypoint

Praia de Barra

Waypoint

Praia de Melide

Waypoint

Praia de Viñó

Waypoint

Faro de Punta Couso

Waypoint

Restaurante Xan d`Outeiro

Waypoint

Vilanova

Waypoint

Viñó

Waypoint

Área recreativa

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta