Sé el primero en aplaudir
Vista 56 veces, descargada 0 veces
preto de Mera, Galicia (España)
Este track corresponde a un pequeno percorrido dentro da ruta homologada PR-G 87 "Costa de Oleiros", circular de 24 km. que percorre a Costa Norte de Oleiros dende a praia de Mera pasando polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes para voltar polo interior ao punto de inicio.
Nós visitamos tamén a praia de Mera e os seus faros así como o porto de Lorbé pero esto fixémolo en coche.
O máis fermoso e interesante da ruta fixémolo camiñando; o resto, que tamén é interesante, ten o inconvinte de que hai que ir moito pola estrada.
Para o meu gusto, o tramo do Seixo Branco estaba demasiado concurrido: moita xente de paseo pero sobre todo moitísimos ciclistas que ían algúns a unha velocidade inaxeitada, correndo demasiado sen pensar nos que íamos camiñando con verdadeiro perigo de atropelo nalgún caso.
En fin...unha camiñata moi fermosa sobre todo polas magníficas vistas de a Coruña e vilas próximas, moi cómoda e coa visita ademais á igrexa románica de Dexo, á fermosa praia desta localidade, as vistas do Seixo branco nos acantilados pero algo desvirtuada pola gran afluencia de público, sobre todo de ciclistas que pensaban que o percorrido era só para eles.
Ver más 
Waypoint
Baterías militares.
Comentarios