Tempo  19 horas 43 minutos

Coordenadas 1677

Fecha de subida 6 de agosto de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
25 m
-7 m
0
4,1
8,2
16,42 km

Vista 1656 veces, descargada 50 veces

preto de Lariño, Galicia (España)

No extremo meridional da costa de Carnota érguese o faro da Punta Ínsua, en Lariño e case nas lindes co concello de Muros. Dende aquí e cara ao norte, o noso percurso litoral avantará ata chegar a contorna marítima máis fermosa deste concello e tamén de Galicia, a Boca do Río.

Ao chisco de comezar poderemos ver os restos do que foi un antigo muíño de vento comunal construido no 1914, a altura da Praia de Xeda, ésta con moitos coídos. A curta praia de Area segue a de Area dos Botes. Entramos deseguido na Reserva Mariña de interese pesqueiro de Os Miñarzos e un monumento lémbranos o naufraxio en 1966 da fragata Ariete, cuxa tripulación foi totalmente rescatada polos veciños.

Un pouco máis ao norte está a praia de Ximprón, testemuña da solidariedade de tanta xente cando o desastre do petroleiro Prestige. Antes de chegar a piscifactoría de rodaballo, un par de cruces lembra algunha traxedia mortal. Pequenas praias coma as da Barca e Gabota anteceden ao porto pesqueiro de Portocubelo.

Polo paseo marítimo e logo por pasarela de madeira, sempre con engaloiantes vistas sobre a mole granítica do monte Pindo, o Olimpo Celta, acadamos o importante areal da praia do Mar de Lira, que conta cun área de lecer e servicios de hostelaría.

Na accidentada costa encrávanse as praias de Xaxebre e Cons para dar paso a monumental praia de Carnota, paraíso onde os haxa, que cos seus 7 quilómetros de lonxitude é unha das máis longas de Galicia. Iremos un treito por esta praia e logo tendremos que desviarnos algo do litoral por mor da marea que cando está alta nos impide pasar pola xunqueira. Collemos, xa que logo, polo camiño da Agra por un vizoso salgueiral e baixamos a Boca do Río, na desembocadura do rego de Vadebois. Neste esteiro o devalar da marea forma unha admirable paisaxe cambiante que é digna de ver co pasar das horas. Todo esto baixo a vista do cálido colorido dos bolos graníticos do monte Pindo.

Ver más external

Praia situada ao norte do faro de Punta Ïnsua.
Área con mesas e servicios de hostelaría na praia Mar de Lira.
Marisma na praia de Carnota formada polo rego Vadebois.
Camiño aos campos de labor de Pedrafigueira.
Camiño entre os campos de cultivo de Pedrafigueira.
Ruínas na Boca do Río dunha antiga caseta da sal.
Cruces lembrando un naufraxio.
Faro ao final da praia de Lariño, onde comezamos o roteiro.
Hórreo construido en pedra. Está en Pedrafigueira.
Monumento en lembranza da fragata Ariete, con rescate de tódolos tripulantes.
Muíño hidráulico en Pedrafigueira.
Posto de observación de aves na Boca do Río.
Área marítima de especial interese pesqueiro.
Pasarela de madeira na praia de Mar de Lira, en Portocubelo.
Pasarela de madeira de acceso a praia de Carnota dende Maceiras.
Paseo marítimo en Portocubelo.
Núcleo de población no concello de Carnota.
Piscifactoría de rodaballo, preto de Portocubelo.
Ponte sobre o rego de Pedrafigueira.
Praia de coidos preto da piscifactoría.
Porto pesqueiro no concello de Carnota.
Pequena praia ao sur da de Carnota.
Praia en Portocubelo, preto da entrada a piscifactoría.
Pequena praia na costa de Lira.
Praia de coidos en Lariño.
Grandísima praia de fina e branca área. Das máis fermosas de Galicia. Ten uns 5 quilómetros de longa.
Pequena praia en Lira, Carnota.
Praia con coidos preto do faro de Punta Ínsua, en Lariño.
Praia en Portocubelo.
Fermosa praia de area fina. Conta cunha área de lecer e servicios de hostelaría.
Boa praia situada entre as de Mar de Lira e a de Carnota.
Pequeno rego que pasa por Pedrafigueira e desemboca na xunqueira de Boca do Río.
Rego que desemboca na xunqueira de Boca do Río.
Rego que pasa polo núcleo de Pedrafigueira e desemboca na xunqueira de Boca do Río.
Pequeno bosquete de salgueiros en Pedrafigueira.
Xunqueira por riba das dunas da praia de Carnota. Preto de Boca do Río.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta