Tempo  55 minutos

Coordenadas 1537

Fecha de subida 16 de marzo de 2013

Fecha de realización marzo 2013

-
-
940 m
502 m
0
3,7
7,4
14,72 km

Vista 3208 veces, descargada 61 veces

preto de Parada de Achas, Galicia (España)

Este roteiro constitúe a derivación do sendeiro Fragas e Levadas do Calvo e Deva (PR-G 165). Comeza no Camiño da Raíña, moi preto do lugar d´O Formigueiro, e sobe ata o Coto da Vella, sendo o percorrido de ida e volta.
Polo Camiño da Raíña e por corredoiras cos valos tapizadas polo carrizo acadamos o pequeno núcleo d´O Formigueiro, con boas vistas sobre as fragas do río Calvo. Subimos agora polo monte de Visticovo entre piñeiros e na área de lecer do Chan de Bidueiros podemos coller uns folgos para proseguir por un camiño que leva ata un calvario.
O vieiro sobe por entre un viacrucis e finalmente chegaremos ao Coto da Vella, onde din que apareceu a Virxe de A Franqueira. Aquí, a carón dun altar, unha cruz e a figura da Santa, se o tempo acompaña, teredes unhas amplas panorámicas desde este balcón a 936 metros de altitude.
No retorno faremos un pequeno desvío, non contemplado no traxecto oficial, para achegarnos ata o santuario de A Franqueira; camiño que atoparedes indicado por unhas frechas amarelas.
Se pretendedes facer todo o PR-G 165, con este desvío incluído, tende en conta que o total pasará a ser duns 32 quilómetros. Para a derivación do Coto da Vella, que está ben sinalizada, podedes achergarvos en coche ata O Formigueiro ou Visticovo e desde aquí ir andando ata o Camiño da Raíña (sen acceso co automóbil).

Ver más external

Parroquia de A Cañiza cunha igrexa do século XII e con importantes romarías.
Camiño polo o que a raíña dona Urraca achegábase ao antigo mosteiro de A Franqueira.
Camiño de acceso para A Franqueira, logo de baixar do Coto da Vella.
Carballeira no camiño de subida ao Coto da Vella.
Área recreativa moi preto de A Franqueira.
Lugar onde din que apareceu a Virxe da Franqueira.
Calvario que se atopa na subida ao Coto da Vella.
Cruz que hai no viacrucis de subida ao Coto da Vella.
Segunda cruz do viacrucis subindo para o Coto da Vella.
Está no viacrucis subindo ao Coto da Vella.
Cruz de gran tamaño no viacrucis que sube ao Coto da Vella.
Punto no que comeza a derivación no Camiño da Raíña para ir ao Coto da Vella. Está preto do lugar de O Formigueiro.
Punto onde nos desviamos para ir ata a Franqueira, logo de baixar do Coto da Vella.
Fonte no lugar de O Formigueiro.
Fonte n´A Franqueira.
Fonte n´A Franqueira.
Fonte con lavadoiro no lugar de O Formigueiro.
Monte situado por riba do lugar de Visticovo, n´A Cañiza.
Lugar de o concello de A Cañiza, moi preto do santuario d´A Franqueira. Pasa por aquí o Camiño da Raíña.
Afluente do río Calvo e que nace por baixo do Coto da Vella.
Afluente do río Calvo. Nace nas abas do coto Xabriña.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta