Coordenadas 441

Fecha de subida 7 de marzo de 2010

Fecha de realización marzo 2010

-
-
1.276 m
819 m
0
3,4
6,8
13,7 km

Vista 5973 veces, descargada 223 veces

preto de Hórreos, Galicia (España)

Ruta que une os tres pobos do título e tamén As Cruces.
Sáese de Ferramulín pola marxe esquerda do río Visuña, xusto onde a estrada cruza sobre el. Pásase xunto ao muín (muíño) da Caborca e ao chegar á altura da Ponte da Fervenza (non se cruza) hai que subir á estrada e recorrela só uns 50 m antes de baixar de novo pola esquerda. Déixase de lado un desvío cara un sequeiro e máis adiante si que hai que coller o desvío cara á esquerda xa que se non saeriamos de novo á estrada. Este desvío atravesa a ponte da Ferrería e a continuación vemos as ruínas de dúas casas (imaxino que a ferrería e a vivenda do ferreiro e pode que un muíño). O camiño continúa pola marxe dereita do río cun primeiro tramo complicado pola vexetación pero que logo se aclara ata un lugar ("08 Vado do río") onde hai que atravesalo. Quizais noutras épocas do ano poida atravesarse doutro modo, pero o máis probable é que haxa que descalzarse e cruzalo con auga ata os xeonllos. Nesa zona non hai moita corrente e o fondo é bastante regular polo que non é perigoso.
Ao final dos prados (posiblemente enchoupados de auga) atoparemos dúas novas construcións en ruínas xunto cunha ponte á que só lle quedan 2 vigas ("09 Ponte derruído"). O camiño orixinal (o feito nesta ruta), atravesa a ponte e segue pola beira dereita do río, sen embargo a cantidade de vexetación é tal que o máis recomendable é subir ata a estrada e continuar por ela durante 1,5 km. A vexetación remata no punto "Cabana 2".
Esta ruta contén a subida e baixada polo val do Carrozo dos Corvos que no caso de non facela aforraría 2 km.
Continúase pola estrada durante 1 km ata chegar ao barrio de Reibarba do pobo de Visuña, e xusto despois de cruzar a ponte xírase á dereita para tomar un camiño ancho e ben marcado que nos levará ata As Cruces, no alto do monte que temos á dereita. No punto "Desvío á Morteira" podemos saírnos da pista e por unha senda ás veces non moi clara, subir de maneira máis directa para enlazar coa pista de novo case no cumio do monte.
A pista pasa polo pobo de As Cruces e segue ata unha bifurcación no que hai un sinal do GR1 ao que non lle facemos caso e seguimos pola pista da dereita. Máis adiante, un camiño ancho entre valados de pedra levaranos directamente ao pobo de Hórreos. Aquí, xiramos á dereita para entrar nel e despois das primeiras casas tomamos un camiño á esquerda que nos leva nuns 100 metros ás ruínas da igrexa. Deixámola á nosa esquerda para atravesar en baixada continua o souto de Hórreos. O souto déixase na parte de abaixo pola esquerda e o camiño lévanos xa sen ningunha complicación ata Ferramulín.
Considereino como moderado polo vadeo do río e o tramo de vexetación (de 1 km de lonxitude).
Feita en marzo de 2010

O inicio e o final da ruta están tomados de Ferramulín Visuña de otero.mk11.

Outras rutas do Courel:
Courel 1: Ferramulín, Visuña,Hórreos
Courel 2: Vilamor, Vilar e Froxán
Courel 3: Natureza e historia no Courel
Continuar pola dereita
07-MAR-10 14:18:07
07-MAR-10 14:24:25

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta