Tempo  7 horas 33 minutos

Coordenadas 1117

Fecha de subida 23 de octubre de 2010

Fecha de realización octubre 2010

-
-
1.349 m
614 m
0
4,7
9,4
18,7 km

Vista 6820 veces, descargada 304 veces

preto de Campelo, Galicia (España)

Ruta que atravesa diferentes paisaxes do Courel e os pobos de Moreda, Esperante, Carbedo, Liñariños e Campelo, xunto coa posibilidade de visitar algúns xacementos arqueolóxicos. As sendas e camiños son moi claras e incluso hai marcas de sendeiros de pequeno recorrido nalgún tramo.
A ruta parte do Alto do Couto (estrada Seoane-Visuña) e introdúcese na devesa da Rogueira ata chegar ao punto 01 onde hai a posibilidade de ir pola esquerda ata a Fonte de Cervo (unha fonte de augas ferruxinosas e outra de augas claras) e cara a dereita a baixada a Moreda. No camiño a Moreda hai un resalte rochoso cunha boa vista (02) e pasamos por diante da cova do Longo do Meo (03). Antes de chegar a Moreda pode visitarse un souto e o centro de información.
Atravesamos Moreda e xunto a capela parte o sendeiro R1, marcado de amarelo e branco que atravesa unha zona de aciñeiras e abruñeiros ("endrinos") cunha fermosa vista tanto da Rogueira como da aldea de Parada, lugar de nacemento de Uxío Novoneyra. Logo o camiño entra nunha reboleira (09) onde temos que estar moi atentos ás marcas do sendeiro xa que o camiño non está moi claro.
Descende durante un bo treito ata acadar o fondo do val do Carrozo de Muiñelo, pasando por un souto e sube ata Esperante, segue subindo entre castiñeiros ata Carbedo, cunha fonte de auga moi fresca xusto na entrada e sáese por unha pista cementada que se abandona deseguido para chegar ao lugar de Liñariños e logo ás ruínas do Castelo de Carbedo. Ao seu lado, a contribución das empresas eléctricas ao embelecemento da zona: un poste metálico do tendido eléctrico a tan só uns metros das ruínas.
Logo chégase a unha pista na parte alta do Monte Cido. Nesta crista hai unha senda estreita que, se a colléramos, nos permitiría visitar os restos pouco visibles dun castro e unha necrópole. A importancia deste lugar é o achádego dunha "táboa de hospitalidade" do ano 28 d.C. onde se recolle un tratado de boa veciñanza entre os romanos e os Lougei, os habitantes castrexos, e tamén dunha aguia imperial. Algúns autores sitúan neste lugar o mítico Monte Medulio (Monte Cido).
Aquí abandonamos o R1 e seguimos pola pista asfaltada á esquerda ata chegar á estrada Seoane-Visuña. Se a seguimos cara a dereita chegamos de novo ao alto do Couto, inda que esta ruta cruza a estrada e sube a Campelo, atravesámolo e un pouco máis arriba chegamos a un cruce no que á esquerda podemos chegar en 500 m á entrada da cova de Aradelas, a máis profunda de Galicia (148 m de profundidade). A situación desta cova é aproximada no track. A ruta segue á dereita e logo outra vez á dereita e por pistas anchas segue ata acadar de novo o alto do Couto.

Ruta realizada en outubro de 2010.

Outras rutas do Courel:
Courel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos
Courel 2: Vilamor, Vilar e Froxán
Courel 3: Natureza e historia no Courel

21-OCT-10 13:08:30
21-OCT-10 13:26:19
21-OCT-10 13:44:20
21-OCT-10 14:05:15
21-OCT-10 14:09:03
21-OCT-10 15:39:58
21-OCT-10 15:53:42
21-OCT-10 16:24:14
21-OCT-10 16:45:33
21-OCT-10 17:04:52
21-OCT-10 17:19:37
21-OCT-10 17:31:42
21-OCT-10 17:52:11
21-OCT-10 18:07:52
21-OCT-10 18:16:37
Fondo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta