Tempo  6 horas 6 minutos

Coordenadas 577

Fecha de subida 14 de octubre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
1.381 m
655 m
0
3,0
5,9
11,85 km

Vista 802 veces, descargada 10 veces

preto de Parada, Galicia (España)

Tempo: 5 horas. Distancia: 12 km.

A calificación de difícil só se debe ao grande desnivel de subida e de baixada, non á dificultade do camiño.

Neste percorrido circular internarémonos no mesto bosque mixto da Devesa da Rogueira, admiraremos as augas cálcicas e ferruxinosas das Fontes do Cervo e regresaremos por Parada. Os castiñeiros do souto de Parada teñen pintadas as iniciais dos seus donos, formando un bosque de palabras. Os que levan un “N” son a voz do poeta Uxío Novoneyra, que pervive na súa casa-museo e poderemos visitar. Nela consérvase e reconstrúese con esforzo o seu legado: Fundación Uxío Novoneyra http://uxionovoneyra.com/

Na Ferrería Nova de Seoane do Courel collemos a estrada que vai a Moreda. Pero antes de chegar, encontramos o cruce que sobe á man dereita a Parada. Subimos cara Parada, aparcamos un pouco máis arriba do cruce e comezamos a camiñar baixando á estrada de Moreda. Andamos 1.5 km polo asfalto ata a entrada de Moreda, na Aula da Natureza desviámonos á dereita e collemos o camiño marcado que sobe á Devesa da Rogueira.

Camiñamos os 2 primeiros km seguindo a marxe esquerda do Rego da Rogueira ata cruzalo hacia a esquerda por unha ponte. Desde ela en 2 km ascenderemos 450 m de desnivel (desde a Aula da Natureza ás Fontes do Cervo, a 1.350 m de altura, un total de 630 m de desnivel).

Imos atopar dous cruces con balizas confusas, nós colleremos sempre á dereita e cara arriba. Chegaremos a outro cruce que nos leva á esquerda ás Fontes do Cervo e á dereita ao Mirador de Polín. Primeiro iremos ver as Fontes (ata elas levaranos cerca de 3 horas en total desde o inicio da nosa ruta) e despois regresaremos ao cruce para seguir para a fronte cara o Mirador de Polín (1.374 m). Sairemos da espesura do bosque a unha mina de lousa e a un cruce no que colleremos á dereita ata o mirador.

Ao saírmos do mirador, descendemos á dereita por unha pista moi inclinada ata encontrar un camiño á dereita antes da golada da Lomba (1.034 m), polo que baixaremos a Parada (767 m).

Despois de ver o souto de Parada e visitar a casa de Uxío Novoneyra (este tempo non está incluído nas 5 horas da ruta), collemos a estrada que baixa ao cruce coa estrada de Moreda onde temos o coche.

Ver más external

Waypoint

Inicio

Waypoint

Fontes do Cervo

panoramica

Mirador de Polín

árbol

Souto de Parada

Waypoint

Fin

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta