Tempo  unha hora 6 minutos

Coordenadas 378

Fecha de subida 3 de septiembre de 2018

Fecha de realización agosto 2018

-
-
62 m
3 m
0
0,7
1,5
2,98 km

Vista 87 veces, descargada 1 veces

preto de Suegos, Galicia (España)

Iniciamos a ruta no aparcadoiro do Parque Etnográfico da Insua (Viveiro), no que se fai unha recreación do antigo cargadoiro de mineral de ferro, procedente dos xacementos da Silvarrosa.
Logo de percorrer as instalacións do recinto, tomamos dirección N.E., subindo o Monte do Cabalo. Ao chegarmos case a súa cima (60 m de altitude), hai un aparcadoiro e a pista convértese nun camiño estreito "protexido" polos toxos. Recomendamos o emprego de pantalóns longos,
Ao chegar ás proximidades da Punta Insua, a paisaxe ábrese e permite divisar fermosas vistas da costa.
A entrada da Cova da Doncela é angosta. Hai que agocharse ben e, se é inverno, haberá que quitar algunha peza de roupa e ter conta do chan esvaradizo. A cova é un balcón no precipicio, que mira ao norte. Vale a pena pasar o esforzo de pasar polo túnel e chegar ata o final.

1 comentario

  • Foto de Miguel_Garcia

    Miguel_Garcia 03-sep-2018

    Desde a Punta da Insua podemos atravesar o Rego Escourido (dirección Leste), atravesamos a Praia da Abrela (Suegos) e atravesando o barrio de Os Corgos, hai unha pista que vai en dirección NE e que nos levaría á punta do Fuciño do Porco.
    Esta derivación podería supor 3 ou 4 km a maiores.

Si quieres, puedes o esta ruta