Losobrino
12 1 12

Coordenadas 989

Fecha de subida 16 de septiembre de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
1.222 m
790 m
0
3,0
6,0
12,02 km

Vista 725 veces, descargada 8 veces

preto de Bolado, Galicia (España)

RUTA COVELO-VIANA DO BOLO
Esta ruta de 12 km aproximadamente desenvólvese case por completo nos nos arredores do pobo de Covelo que pertence ó concello de Viana. Para chegar ó punto de inicio debemos coller a estrada OU-533. Que une a A 52 na Gudiña coa nacional 120 na Rúa. O desvío para Covelo está ben sinalizado, a 7 km dispois de Viana vindo dende a Gudiña. Chegamos ó medio do pobo (920 m), aparcamos nun lugar en que o noso vehículo non estorbe e preguntamos polo “Concello”. Ahí iniciamos a nosa ruta. Temos unha fonte no punto de saída para abastecernos de auga. Collemos un camiño, chamado “Camiño da Fonte”, que en dirección Leste nos leva entre hortas cara a nosa ruta.
Imos sempre ganando altura e unha vez que atravesamos a estrada OU 533 iremos disfrutando de boas vistas sobre a Vila de Viana, pero o mellor espéranos no punto máis alto do percorrido, o Pico de S. Bernabé. Ten moitas antenas na súa cima. É mellor esquecerse delas e concentrarnos sobre o que podemos ver . Se miramos cara o Sur vemos Viana e o seu fermoso emprazamento. Iremos virando cara poniente e disfrutaremos dunha das mellores e máis completas vistas da Serra de Queixa e do embalse do Vao. Ó Norte están a Serra do Caurel e os Ancares. En dirección Leste atópase a Serra do Eixe con picos tan senlleiros coma o Maluro, Pena Negra , Pena Trevinca e a Serra Calva. E xa máis ó cerca,a antiga explotación agrícola da Gonza e o corte na serra da mina de Penouta.
Abandonamos este fermoso mirador (1227 m) e desfacemos o camiño de subida ata que encontramos outro que sae á man dereita e que nos levará ata O Alto de Covelo. Iremos polos lindes dos concellos de Viana e O Bolo. Baixaremos logo polo Serro dende onde seguiremos disfrutando de boas vistas da Serra de Queixa e do Val de Conso. Cruzamos a estrada que vai a Buxán e continuamos recto baixando decididamente por un camiño que leva á zona das viñas. Iremos atentos porque ó chegar a una parediña que deixamos á man esquerda hai abandonar o camiño que traiamos e coller outro a esa mesma man. Ven dispois un tramo dunhos 100m que está sen limpar pero polo que se pasa sen moita dificultade e pouco a pouco iremos cambiando de paisaxe. Se ata o de agora as vistas ó lonxe eran o máis chamativo agora empezaremos a internarnos en bosques de carballo (nós chamámoslles “Rebolos” e a eses bosques “touzas”) e logo estes darán paso a un gran conxunto de castiñeiros, moitos deles de tamaños espectaculares. Se facedes a ruta no tempo do castañal, encontraredes a moita xente collendo “bullotes” como dicimos eiquí. Non debedes pasar por alto o castiñeiro de Arai. Para velo temos que desviarnos unhos 30 m. Está á dereita do camiño según imos. Se vos queredes ver moi pequeniños, arrimádevos a el.
E así, entre castiñeiros e prados, acabaredes esta ruta que non vos ha de deixar indiferentes. Para min antes so eran lugares de traballo. Agora que coñezo moitos outros sitios, teño capacidade para disfrutar da súa fermosura.
Lourenzo
Regueiro da Fonte
Edificación

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta