Descargar

Distancia

11,23 km

Desnivel positivo

344 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

344 m

Altitud máxima

227 m

Trailrank

36

Altitud mínima

44 m

Trail type

Circular

Tempo

2 horas 54 minutos

Coordenadas

2929

Fecha de subida

16 de septiembre de 2021

Fecha de realización

agosto 2021

Envía a tu GPS

Descarga rutas de Wikiloc directamente a tu Garmin, Apple Watch o Suunto.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Envía a tu GPS Envía a tu GPS
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
227 m
44 m
11,23 km

Vista 96 veces, descargada 3 veces

preto de Hio, Galicia (España)

Ruta a pé pola Costa de Soavela e montes do Hío, no concello de Cangas, cunhas vistas excepcionais sobre as rías de Vigo e Pontevedra, illas Cíes, Ons e océano Atlántico.

Realizada en agosto do 2021, pode facerse en calqueira época do ano.

CRÓNICA
Saída dende o adro da igrexa románica de Santo André e Cruceiro do Hío para subir ben dereitos cara o Outeiro Batente, miradoiro e punto máis alto da parroquia. Dende alí, pasamos xunto aos terreos da cooperativa Pouso da Serra, adicada á gandeiría ecolóxica e á apicultura, para dirixirnos cara o norte polas Porteliñas. Na nosa singradura cara o Miradoiro do Pozo Negro, paga a pena separarnos un chisco do camiño principal para achegarnos ao Chozo de Pastores, unha edificación levantada aproveitando unha das numerosas laxes do terreo.

Despois dunha pequena baixada, subiremos aos acantilados da Costa de Soavela por un carreiro empedrado que nos levará ata o punto máis septentrional da ruta. Regresaremos cara o sur por unha pista bañada polo océano Atlántico que nos ofrece unha panorámica de toda a costa e de boa parte das Rías Baixas, destacando as vistas dende o Miradoiro do Pozo Negro. De volta cara ás Porteliñas, nun cruce de camiños perfectamente sinalizado, é posible e recomendable alongar o percorrido para achegarse ao Monte do Facho, excepcional lugar que acolleu ao longo dos séculos diversos asentamentos humanos.

Trátase dunha ruta recomendada para todos os públicos, tecnicamente moi sinxela xa que transcorre por pistas forestais e sendeiros amplos. A esixencia física da mesma resúmese na subida ata o Outeiro Batente, no inicio, e na súa lonxitude. Recoméndase a carga de auga nalgunha das fontes existentes na saída, ben na Casa Rectoral ou na Fonte do Geu, lavadoiro veciñal situado xusto detrás da mesma, xa que non hai fontes en todo o percorrido.

*A ruta sigue o Sendeiro Circular da Costa de Soavela, unha iniciativa do Concello de Cangas xunto á Comunidade de Montes do Hío, levada a cabo pola cooperativa Árbore Arqueoloxía. A orientación é moi sinxela grazas a sinalización en amarelo e branco (clásica dos PR) e só nos separamos do percorrido marcado nun único punto, no final da subida ao Outeiro Batente, para evitar a repetición dun cortalumes.
Fuente

Fonte do Geu

Waypoint

Igrexa de Santo André e Cruceiro do Hío

Waypoint

Recordo das Misións

  • Foto de Recordo das Misións
  • Foto de Recordo das Misións
Inscrición en pedra que fai referencia ás misións que percorrían a parroquia do Hío a mediados do século pasado. Transcrición do texto na imaxe adxunta.
Panoramica

Outeiro Batente

Sitio arqueolóxico

Petróglifo das Porteliñas

  • Foto de Petróglifo das Porteliñas
Waypoint

Home das Porteliñas

  • Foto de Home das Porteliñas
Panoramica

Miradoiro do Pozo Negro

  • Foto de Miradoiro do Pozo Negro
Waypoint

Chozo de Pastores

  • Foto de Chozo de Pastores
Waypoint

Ampliación da ruta ao Monte Facho

Dende este punto, recoméndase continuar ata o Monte Facho e aldea de Punxeiro. Trátase dun conxunto histórico formado por un castro e santuario prerrománico e románico, unha garita de vixiancia e aldea medieval e numerosos petróglifos sobre o océano Atlántico.
Waypoint

Camiño da Misa

  • Foto de Camiño da Misa
Camiño empedrado que conecta a aldea de Donón co Igrexario empregado polos veciños para achegarse á Igrexa parroquial de Santo André.
Waypoint

Cooperativa Pouso da Serra

  • Foto de Cooperativa Pouso da Serra
Cooperativa xuvenil que se adicn á cría de cabra no monte comunal do Hío, apicultura e limpeza forestal.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta