• Video de Cualedro-Castro de Saceda-Castro de San Millán-Castros de Cualedro (Ourense)
  • Foto de Cualedro-Castro de Saceda-Castro de San Millán-Castros de Cualedro (Ourense)

Tempo  4 horas 45 minutos

Coordenadas 1791

Fecha de subida 20 de julio de 2014

Fecha de realización julio 2014

-
-
805 m
630 m
0
4,9
9,7
19,46 km

Vista 4612 veces, descargada 19 veces

preto de Lucenza, Galicia (España)

Domingo, 20 de xullo de 2014
Viaxamos ao Concello de Cualedro. A nosa actividade: "Ruta dous castros", que discorre polas cidades celta de "A Saceda e San Millán, entre outros vestixios arqueolóxicos existentes pola zona.
Dous Castros situados na "Raia Seca". Unha paisaxe modificada pola concentración parceira coas estribacións de "A Serra do Larouco", sempre vixiante. A nosa primeira visita é ao "Castro de Saceda", situado nun outeiro escarpado, coa mirada dos cumios do Larouco. Unha cidade, construída e adaptada ao terreo. Un enclave estratéxico, con dominio visual en todo a súa contorna. Camiñamos de xeito pausado, con destino ao "Castro de San Millán", situado na parroquia de "San Millao" do concello de Cualedro. Non é un castro famoso, nin moi coñecido (como o poden ser o de Lás) pero é importante. Unha fortaleza, con grandes muros de granito, algunhas pedras de considerables dimensións e moitas labradas. Data do século III-IV d.d.C (tardorromano).
Un percorrido doado, por camiños ben definidos. Unha visita recomendable, como preámbulo para percorrer a singular "Serra do Larouco".
En agosto do ano pasado (2013) estes lugares foron pasto do lume. É a nota triste, desoladora, dun lugar cheo de encanto e pasado cargado de historia. En fin, case vinte quilómetros cargados de satisfacción.

Ver más external

Maleza
Maleza
A Madanela

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta