Coordenadas 1075

Fecha de subida 6 de abril de 2019

Fecha de realización marzo 2019

-
-
71 m
17 m
0
3,3
6,6
13,14 km

Vista 135 veces, descargada 9 veces

preto de Cruzeiro, Viana do Castelo (Portugal)

O río Lima -Limia, en galego- nace nas terras ourensás de Sarreaus e logo de 41 Km de percorrido por España flúe por territorio portugués, pasando polos concellos de Ponte da Barca, Ponte de Lima e finalmente verte as súas augas en Viana do Castelo.

Foi confundido co mítico Lete -o río do esquecemento- que dicía a lenda que todo aquel que o cruzaba perdía a memoria e é un río troiteiro aínda hoxe con aproveitamento piscícola. Foi para este uso polo que na súa canle foron construídas as presas feitas en pedra e que abocan nuns estreitamentos nos que se colocan as redes de captura das troitas. Estas represas en portugués reciben o nome de açudes.

O tributario máis importante do Lima é o Vez que ten o seu nacedoiro nas abas da Serra do Soajo e logo duns 36 Km entrega as augas ao Lima pola súa marxe dereita moi preto de Ponte da Barca.

O noso roteiro transcorre nunha pequena parte polas beiras do río Vez, pisando a etapa I da ecovía de Arcos de Valdevez e ao chegar a Padreiro cruzaremos a ponte sobre o Lima para seguir augas enriba pola ecovía dos Açudes, que nos levará ata o centro urbano de Ponte da Barca, cuxo nome fai referencia a barca que cruzaba o río por este punto antes de erguerse a ponte no século XV.

A nosa andaina podémola comezar -e rematar- na citada ponte ou ben na área de lecer con aparcamento para caravanas que hai un chisco máis embaixo, segundo baixan as augas.

Ver más external

Área de aparcamento de caravanas en Ponte da Barca.
Área recreativo en Padreiro, moi preto das beiras do río Lima.
Área recreativa as beiras do río Lima.
Área recreativa as beiras do río Lima.
Capela en Padreiro.
Punto de inicio do roteiro na zona de aparcamento de caravanas, moi preto do centro de Ponte da Barca.
Sendeiro polas marxens do río Lima, entre Ponte da Barca e Ponte de Lima.
Ecovia na cámara municipal de Arcos de Valdevez.
Fonte de auga potable.
Fonte de auga potable.
Fonte de auga potable.
Desembocadura do río Vez no Lima.
Muíño hidráulico nas beiras do río Vez.
Restos dun muíño hidráulico no río Lima.
Observatorio de aves no río Vez.
Punto de observación de aves no río Lima.
Observatorio de aves no río Lima.
Pasarela de madeira sobre un regato que verte ao Lima.
Pesqueira no río Lima.
Pesqueira de troita no río Lima.
Pesqueira de troita no río Lima.
Pesqueira de troita no río Lima.
Pesqueira de troita no río Lima.
Vila do norte de Portugal.
Ponte do século XV sobre o Lima, en Ponte da Barca.
Ponte sobre o río Vez.
Represa no río Lima.
Presa no río Lima.
Río que nace en Sarreaus (España) e desemboca en Viana do Castelo (Portugal).
Tributario do río Lima. Desemboca a altura de Ponte da Barca.
Afluente do río Lima.
Plantación de viña en Ponte da Barca.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta