Tempo  6 horas 5 minutos

Coordenadas 1891

Fecha de subida 23 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

-
-
544 m
312 m
0
4,4
8,7
17,41 km

Vista 259 veces, descargada 15 veces

preto de Boborás, Galicia (España)

Esta camiñada circular transcorre por varias aldeas do concello de Boborás, adentrándose un chisco no de O Carballiño por Ponterriza e Godás do Río, da parroquia de Longueiros. O itinerario vai por corredoiras e camiños de servizo as leiras e lugares, con moitas zonas boscosas.

Pódese encomenzar na freguesía de Xuvencos, na Almuzara, na estrada que liga O Carballiño con Pontevedra e a carón do pazo hoxe con uso hosteleiro. Continuaremos hacia o lugar de Boborás –o que da nome a todo o concello- e de aquí a aldea de Figueroa, na parroquia de Cameixa.

Pasamos a outra parroquia, a de Moldes, que conta cunha antiga escola, uns alpendres a modo de pendellos de feira e na mesma contorna está un área de lecer baixo unha carballeira e tamén a igrexa de San Benito. Un pouco máis enriba érguese, sobre un antigo castro, o templo románico de San Mamede, datado entre finais do século XII e comezos do XIII. Tamén desta freguesía é unha parte de Ponterriza que é compartida polos concellos de Boborás e O Carballiño, nas beiras do río Arenteiro.

Logo da pequena incursión no Carballiño, por Godás do Río, tiramos por baixo dunha fraga cara a Fondo de Vila da parroquia boborense de Astureses e no mesmo Astureses levántase a igrexa de San Xulián, en estilo románico con partes góticas.

Atravesamos de novo por unha pontella o río Pedriña e no último treito do noso percorrido pasamos pola igrexa de Santa María -con elementos románicos e moi reformada- e deseguido enfilamos a Almuzara, de onde saímos.

Ver más external

Pendellos de feira en Moldes.
Área recreativa na parroquia de Moldes, concello de Boborás.
Parroquia do concello de Boborás.
Concello da provincia de Ourense.
Camiño no lugar de Figueroa, Cameixa.
Sendeiro en Astureses.
Punto de inicio na Almuzara, concello de Boborás.
Congostra en Ponterriza.
Eira no lugar de Figueroa, Cameixa.
Lugar da parroquia de Cameixa, concello de Boborás.
Lugar da parroquia de Astureses, Boborás.
Fonte termal en Ponterriza, verte directamente ao río Arenteiro.
Bosque mixto en Godás do Río.
Parroquia do concello de O Carballiño.
Igrexa parroquial de Moldes.
Igrexa románica na parroquia de Moldes, concello de Boborás.
Igrexa parroquial de Astureses. Románica con elementos góticos.
Igrexa parroquial de Xuventos. Románica pero moi reformada.
Pontón sobre o río Pedriña, preto da súa desembocadura no Arenteiro.
Lugar as orillas do río Arenteiro e que pertence a dous concellos, Boborás e O Carballiño.
Pontella sobre o río Pedriña.
Pontella sobre o río Pedriña.
Afluente do río Avia e con nacedoiro na Pena de Francia.
Aldea preto de Boborás.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta