-
-
45 m
-1 m
0
5,0
10,0
19,96 km

Vista 4201 veces, descargada 80 veces

preto de Lomba, Galicia (España)

De camiño a Exipto andando sobre a area e por camiños litorais.
Claro que este Exipto está en Galicia e, para máis concretar, na península de Abanqueiro, no concello de Boiro.
Vexamos: comezamos nosa andaina na punta Gavoteira, onde desembocan os ríos Pedras e Lérez (non o de Pontevedra: non é unha xogueta), na Pobra do Caramiñal, e logo de pasar pola praia de Raposiños metémonos polo sendeiro a sombra dun piñeiral ata chegar a Mercé.
Pasada a praia de Ribeiriña, atravesamos o núcleo do mesmo nome para buscar a praia da Poza e, despois dunha conserveira, as praias de Campo e Conchido.
Estamos xa en Escarabote con seu porto pesqueiro e seu esteiro do río Coroño, onde os antigos señores de Goiáns tiñan unha explotación de ostras. Salvamos o río pola ponte da estrada e a seguir está a praia de Barraña con case tres quilómetros de longo e que conta con arborado e área de lecer.
Imos cara a Esteiro, pasando por outras conserveiras, e ao chegar ao Porto de Cruz evitamos dala volta a punta e pasamos directamente a praia de Carrasqueiros e a de Piñeirón. O que fixemos foi pasar da enseada de Boiro a de Rianxo. Pasado un criadeiro de marisco, imos por un piñeiral no monte de Chazo buscando a praia do mesmo nome. Outra conserveira e de novo entre árbores que conforman unha zona boscosa que chega ata Triñanes, e de aquí ata a praia de Ladeira Pequena, con súa ínsua Xarrido.
Acadamos a praia de Mañóns en Abanqueiro, con fina area, servicios e área de lecer arborada. Ben, pois aquí podedes rematar a ruta...pero senon vos importa andar uns setecentos metros máis por asfalto, imos facer honra ao nome que lle puxen a ruta: "de camiño a Exipto".
Pasamos por a lagoa de Abanqueiro, con seu observatorio ornitolóxico e finalmente acabamos na capela de Nosa Señora de Exipto, do lugar de Exipto, na parroquia de Abanqueiro, con súa agradable área de lecer.
Ah!, esquecíaseme: nos xardíns de Exipto, ao outro lado da estrada, está a pirámide.

Ver más external

Waypoint

AREA LECER 1

12-SEP-09 14:16:11
Waypoint

AREA LECER 2

12-SEP-09 18:42:06
Waypoint

AREA LECER 3

12-SEP-09 19:07:41
Waypoint

CABO DE CRUZ

12-SEP-09 16:30:41
Waypoint

CAPELA EXIPTO

12-SEP-09 19:09:06
Waypoint

CONCHIDO

12-SEP-09 13:46:15
Waypoint

ESTEIRO

12-SEP-09 16:08:32
Waypoint

FONTE 1

12-SEP-09 13:49:24
Waypoint

FONTE 2

12-SEP-09 18:13:44
Waypoint

INSUA XARRIDO

12-SEP-09 18:20:57
Waypoint

LAGOA

12-SEP-09 18:57:45
Waypoint

MONTE CHAZO

12-SEP-09 17:28:18
Waypoint

PRAIA BARRAÑA

12-SEP-09 15:30:22
Waypoint

PRAIA CARRAGUEIRO

12-SEP-09 17:02:02
Waypoint

PRAIA CHAZO

12-SEP-09 17:45:55
Waypoint

PRAIA DE ESTEIRO

12-SEP-09 16:14:12
Waypoint

PRAIA ESCARABOTE

12-SEP-09 14:02:10
Waypoint

PRAIA LADEIRA PEQUENA

12-SEP-09 18:21:28
Waypoint

PRAIA MAÑÓNS

12-SEP-09 18:32:36
Waypoint

PRAIA RAPOSIÑOS

12-SEP-09 13:00:15
Waypoint

PRAIA XARDÍN

12-SEP-09 14:14:04
Waypoint

RIBEIRIÑA

12-SEP-09 13:30:04
Waypoint

RIO COROÑO

Fondo
Waypoint

TRIÑANES

12-SEP-09 18:14:45

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta