-
-
1.078 m
677 m
0
4,0
8,0
16,03 km

Vista 5097 veces, descargada 108 veces

preto de Vila, Viana do Castelo (Portugal)

Comezamos en Castro Laboreiro este percorrido en travesía pola Serra da Peneda. A meta será o Santuario da Peneda e a nosa andaina desenrólase nunha primeira etapa por un treito do trilho Castrejo, que sae de Castro Laboreiro e que a media aba permítenos gozar do fermoso val do río Barcia con as súas formacións rochosas e pasando pola aldea de Barreiro.
Chegamos por este roteiro ata Assureira, onde son de obrigada visita as súas dúas antigas pontes: a de Assureira, da baixa Idade Media, e a Ponte Nova ou da Cava da Velha, de fermosísima factura.
Volvemos uns metros atrás cara a aldea e aquí continuamos, agora pola esquerda, por un treito de trilho marcado con sinais brancas e vermellas e que nos leva ata outra ponte tardomedieval: a ponte de A Dorna.
Pola corredoira acadamos o casarío e aquí seguimos de fronte ata chegar ao núcleo de Entalada e ao saír collemos o camiño que sube gradualmente e que enriba convertese en carroucho de paso de gando (nesta zona e aconsellable o uso de GPS). Este é o camiño dos Romeiros que non está sinalizado.
Estamos metidos xa en plena montaña con cotas arredor de mil metros e síguennos acompañando colosais bolos graníticos. Por estreitos pasos de gando, deixamos atrás algunhas brañas ata chegar de novo a un trilho sinalizado que, en continua e acusada baixada por un camiño empedrado, permítenos contemplar o val do río Peneda, encaixado entre enormes paredóns rochosos.
Desde enriba vemos o Santuario da Virxe da Peneda coa fervenza detrás e, logo de pasar a aldea, rematamos neste fermoso lugar.


Waypoint

Assureira

19-FEB-11 13:01:10
Waypoint

Barreiro

820 m altura
Waypoint

Cabana

19-FEB-11 17:03:58
Waypoint

Castro Laboreiro

19-FEB-11 11:29:22
Waypoint

Dorna

19-FEB-11 14:09:41
Waypoint

Entalada

19-FEB-11 14:30:17
Waypoint

Ermita

19-FEB-11 13:07:56
Waypoint

Estrada

19-FEB-11 15:07:39
Waypoint

Fonte 1

19-FEB-11 14:12:23
Waypoint

Fonte 2

19-FEB-11 14:31:01
Waypoint

Fonte 3

19-FEB-11 18:00:16
Waypoint

GR-3

19-FEB-11 17:17:12
Waypoint

Lapida

19-FEB-11 14:06:55
Waypoint

Peneda

19-FEB-11 17:55:41
Waypoint

Ponte da Dorna

19-FEB-11 13:52:40
Waypoint

Ponte de Assureira

19-FEB-11 13:06:12
Waypoint

Ponte Nova

19-FEB-11 13:13:58
Waypoint

Pontella 1

19-FEB-11 12:43:16
Waypoint

Pontella 2

19-FEB-11 12:46:16
Waypoint

Rio

19-FEB-11 12:45:39
Waypoint

Rio Laboreiro

19-FEB-11 13:09:46
Waypoint

Rio Peneda

19-FEB-11 17:57:42
Waypoint

Ruinas casa

19-FEB-11 12:32:43
Waypoint

Santuario da Peneda

19-FEB-11 18:04:30
Waypoint

Trilho dos Romeiros

Romeiros

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta