Sé el primero en aplaudir
Vista 113 veces, descargada 1 veces
preto de Cedeira, Galicia (España)
Fixemos esta ruta un día longo de agosto, cunha parada longa en Santo André para comer, descarnsar e tomar un café xunto ao santo. Ao final era día aínda e puidemos bañarnos na praia de Vilarrube, preto de Cedeira.
A ruta sae do porto de Cedeira, e vai pola ruta dos cantís cara Santo André. Esta parte da ruta por algunha razón está mais sinalizada en sentido contrario, hai que ter algo de ollo. De tódolos xeitos, a que fixemos nós é unha variante de moitas outras parecidas, se vas escollendo diferentes camiños.
No km 10, a partir de punta Balteira, comeza a parte máis complicada tecnicamente. Unha baixada forte por un singletrack de pedras grandes. Con algún descanso de pista algo máis ancha, ata a chegada a Santo André o camiño ten certa dificultade, non apta para novatos. Mesmo a baixada polo que chaman a costa curta nos dous últimos km ata chegar a Santo André, tamén ten a súa complicación.
Para volta a Cedeira queriamos non repetir nada do camiño de ida, polo que fixemos a saída de Santo André pola estrada. O primeiro tramo ten arcén grande, mais despois compartes asfalto cos coches, hai que ter coidado. Fixemos un anaco polo camiño da ruta marcada que fai Ferrol-Santo André, e para chegar a Cedeira polo camiño máis recto fomos buscando pistas e estradas secundarias. A volta son algo menos de kilómetros, con menos desnivel e tecnicamente tamén moito máis sinxela.
Unha ruta moi fermosa e variada, algo dura polo técnico e o acumulado de kilómetros total, pero que paga a pena.
Comentarios