Descargar

Distancia

9,57 km

Desnivel positivo

242 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

242 m

Altitud máxima

149 m

Trailrank

34 5

Altitud mínima

5 m

Trail type

Circular
  • Foto de De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís
  • Foto de De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís
  • Foto de De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís
  • Foto de De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís
  • Foto de De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís

Tempo

2 horas 15 minutos

Coordenadas

866

Fecha de subida

19 de julio de 2020

Fecha de realización

julio 2020
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
 
Compartir
-
-
149 m
5 m
9,57 km

Vista 102 veces, descargada 10 veces

preto de Corme-Porto, Galicia (España)

Saímos de Corme nunha mañá moi quente de xullo, buscando unha ruta curta porque non tiñamos moito tempo e non queriamos camiñar nas horas máis calurosas do día.

A ruta é unha variante un chisco máis curta, rondando os 10km, doutras que se poden atopar aquí mesmo, para visitar Corme, o faro de Roncudo e a aldea do mesmo nome. Comparte parte do itinerario tamén coa famosa ruta dos Faros que remata en Fisterra.

Saímos do porto de Corme, acompañando unha estrada que vai ata o faro do Roncudo. A pesar de ser estrada, ten arcén amplio bo para camiñar, que vai en chao e moi cómoda.

A partir do faro comeza o difícil, pero tamén o máis divertido. Unha senda estreita e con algo de técnica, que vai acompañando todo o cantil do Roncudo. É un camiño precioso pegado ao bordo do cantil, que pon a proba as botas de montaña.

No km 5 ten unha forte subida, que remonta o cantil ata chegar a zona dos muiños eólicos. A partir de aquí cun camiño xa máis sinxelo chégase á aldea do Roncudo, un bo momento para parar a tomar algo de comer, co máis complicado da ruta xa feito. Na aldea do Roncudo separámonos tanto dos sinais da ruta dos Faros como da que collín como modelo de Caracochas (https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-salitre-do-roncudo-caracochas-2707970), buscando volver máis directos a Corme.

Un anaco de estrada ata un campo de fútbol de onde collemos de novo unh pista que pola aldea de Candelago xa nos achega de novo a Corme.

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta