Tempo  4 horas 24 minutos

Coordenadas 2345

Fecha de subida 3 de abril de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
64 m
2 m
0
3,0
6,0
12,01 km

Vista 3905 veces, descargada 64 veces

preto de San Vicente do Mar, Galicia (España)

Unha ruta liñal non sinaliazada, ben doada de seguir porque conta con numerosos recursos en Wikiloc, os que usamos nós para levala a cabo. Hai dous puntos indicados nos wp como marea que só se poden cruzar coa marea baixa, pero hai alternativa.
Aínda que a comezamos en Pedras Negras a miña recomendación é comezala na punta Moreiras e antes de camiñar facer a visita ao Centro de Interpretación da Pesca e a Salga, un curioso e interesante museo sobre a importancia da salga da sardiña e a explicación da do forte sector conserveiro da zona. Se cadra o mellor é a persoa que se encarga do museo, moi ameno e cheo de gañas de contar as anécdotas e a historia que rodea á pesca e conserva da sardiña.
A ruta percorre o litoral oeste da península do Grove con incontables cons e infinitas praias, (varias reservadas para acudir co can)e varios puntos de interés etnolóxico e biolóxico: paseo marítimo de Pedras Negras, batería militar de costa O Grove J1, equipada con tres canóns Vickers de 101,6 (Hoxe segue sendo de titularidade do Ministerio de Defensa, prohibido o paso), o Con Negro, a lagoa de Bodeira, a área arqueolóxica do Adro Vello... En algún tramo coincide cos PRG 115 e 116.
Pódese facer por tramos en bicicleta, noutros tramos ao ir por penedos e carreiros faise algo dura.
Restos arqueolóxicos
Centro de Interpretación da Pesca e a Salga 986730975
Con Negro
Propiedade privada
Pódese pasar coa marea baixa
Pódese pasar coa marea baixa
Salgadeira da Barcela

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta