-
-
1.179 m
871 m
0
4,5
9,0
17,92 km

Vista 3558 veces, descargada 47 veces

preto de Portelinha, Viana do Castelo (Portugal)

Este roteiro discorre na serra da Peneda, dentro dos límites do Parque Nacional da Peneda-Geres. É circular e hai unha escasa sinalización con frechas xa por aquí pasa o Rota do Lobo que organizan os Bombeiros Voluntarios de Melgaço.
Nos comezaremos o percorrido na aldea de Portelinha (moi preto de Castro Laboreiro), onde quedan os restos dun antigo muíño de vento e colleremos por un camiño que sae para o sur, para ir subindo entre fermosas formacións de colosais penedos hacia o alto da serra e cara o pico de Matança.
Chegamos ao planalto e agora o trilho xa é máis doado pero sen perder nada da súa beleza porque seguimos coas espectaculares formacións rochosas a ámbolos dous lados. Pasamos por un bosquete de piñeiro roxo e metémonos nunha pequena depresión con formas pétreas que espertan a nosa fantasía: vemos animais, persoas ou curiosos perfís por tódolos sitios.
Comeza agora a baixada e ao chegar ao fondo do val, imos para o norte acompañando un rego e mergullados nunha frondosa arboreda. Vemos a alminha do lagarto e proseguimos por un trilho empedrado con vistas as paredes rochosas.
Acadamos a área de lecer do parque forestal de Lamas de Mouro e cruzamos o río por unha pontella e, agora do outro lado, seguimos por un carroucho moi pouco definido e por camiños que nos levan ata Lamas de Mouro, con súa igrexa románica de San Xoán Bautista, do século XIII.
Abandonamos a aldea por fermosos trilhos ata chegar a estrada que vai a Alcobaça, tendo boas vistas sobre o val de Troncoso e, xa no último treito, subimos por un camiño empedrado que nos sitúa de novo en Portelinha.

23-ENE-11 17:11:54
23-ENE-11 18:05:50
23-ENE-11 13:48:25
23-ENE-11 17:29:22
23-ENE-11 12:35:29
23-ENE-11 16:47:59
23-ENE-11 11:47:54
23-ENE-11 11:55:56
23-ENE-11 13:04:42
23-ENE-11 11:28:29
23-ENE-11 11:26:52
23-ENE-11 11:23:39
23-ENE-11 13:07:35
23-ENE-11 13:25:18
23-ENE-11 13:59:58
23-ENE-11 18:14:59
23-ENE-11 13:10:03
23-ENE-11 11:42:22
23-ENE-11 13:54:14
23-ENE-11 13:58:44
23-ENE-11 14:05:55
23-ENE-11 16:39:49
23-ENE-11 17:33:03
23-ENE-11 11:32:42

3 comentarios

  • Foto de CONI

    CONI 20-abr-2012

    SUSO MTU QUE HACES MUCHAS RUTAS POR LA ZOINA NORTE DE PORTUGAL TE PREGUNTO SI DE LA PRIMAVBERA AL OTOÑO VISUALIZA O HAS VISTO EN ALGUNA OCASION VIBORAS EN CONCRETO LA VIBORA COMUN EUROPEA(Vipera Berus Seoanei)? SI LA QUIERES VER PUEDES POR INTERNET ACCEDER CON ESE NOMBRE.Y SI ME MANDAS EL CORREO YA TE DIRE PORQUE TE LO PREGUNTO ES ALGO LARGO.UN SALUDO

  • anxocp 03-abr-2013

    Un grupo de amigos fixemos a ruta o domingo de páscua, gustounos moito, chamoume a atención a tranquilidade que se respiraba na 1ª metade da ruta, polo planalto. A única parte que non me gustou foi un pequeno tramo pola zona de Lamas de Mouro, pero non debe haber outra opción.
    Saúdos e grazas Jesús Simón por compartir a ruta.
    Anxo

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 03-abr-2013

    Saúdos, Anxo. A mín tamén gustoume máis a zona alta.

Si quieres, puedes o esta ruta