Tempo  5 horas 36 minutos

Coordenadas 1215

Fecha de subida 23 de mayo de 2014

Fecha de realización mayo 2014

-
-
1.091 m
709 m
0
3,0
6,0
11,96 km

Vista 1860 veces, descargada 29 veces

preto de Entalada, Viana do Castelo (Portugal)

O noso roteiro ten o seu comezo na estrada que une Castro Laboreiro con Ribeiro de Cima, a altura da aldea de Entalada e gabea suavemente polas abas da engaloiante serra por un dos camiños que seguían os romeiros que ían ao santuario da Nossa Senhora da Peneda.

Este vieiro laxeado por treitos intérnase no cerne desta abraiante montaña de curiosas formacións graníticas que soben ata arredor dos 1200 m de altitude e que de súpeto nos mergullan en agochados vales.

No alto afastámonos do camino de peregrinación para virar cara a antigos currais e cabanas que o home ergueu para o aproveitamento gandeiro e polo trilho que leva de Poussios ao Curro da Velha baixamos polo panorámico enlaxado buscando o val do río de Castro Laboreiro.

Logo de pasar polas aldeas de Poussios, Portela do Prado e Ribeiro de Cima, xa na feraz e verde valgada, acadamos o punto de inicio.


Ver más external

Peto de ánimas na aldea de Ribeiro de Cima, na freguesía de Castro Laboreiro.
Rochas de forma redondeada que atopamos no alto da Serra da Peneda, no camiño dos Romeiros.
Alpendres para o uso gandeiro, no Curro da Velha.
Treito empedrado no camiño dos Romeiros.
Bosquete de carballos no alto da Serra da Peneda.
Punto de inicio do roteiro na estrada que une Castro Laboreiro co Ribeiro de Cima.
Recinto para uso gandeiro.
Recinto no alto da serra da Peneda para uso gandeiro dos veciños da aldea de Poussios.
Curro para uso gandeiro dos vecinos da aldea de Poussios.
Fonte na aldea de Portela do Prado.
Fonte na aldea de Ribeiro de Cima, freguesía de Castro Laboreiro.
Mina de auga entre as aldeas de Poussios e Portela do Prado.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro, Melgaço.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro, Melgaço.
Rio que pasa por Ribeiro de Cima.
Rego no alto da Serra da Peneda.
Pequeño rego no alto da Serra da Peneda.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro, Melgaço.
Camiño laxeado que leva desde a aldea de Poussios ata o Curro da Velha.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta