Descargar

Distancia

7,03 km

Desnivel positivo

22 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

29 m

Altitud máxima

246 m

Trailrank

38

Altitud mínima

212 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Dolmen de Pedra Víxia
  • Foto de Dolmen de Pedra Víxia
  • Foto de Foto
  • Foto de Muiño novo de Su A Agra
  • Foto de Foto
  • Foto de Foto

Tiempo en movimiento

unha hora 56 minutos

Tempo

2 horas 44 minutos

Coordenadas

1202

Fecha de subida

15 de septiembre de 2019

Fecha de realización

septiembre 2019

Meteorología

¡Una buena pista para ayudarte a elegir ropa y material!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Meteorología Meteorología
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
246 m
212 m
7,03 km

Vista 866 veces, descargada 8 veces

preto de Baio Grande, Galicia (España)

Despois de visitar a Carballeira, seguimos o camiño á esquerda e cruzamos unha pequena ponte de pedra e madeira, feita polos veciños de Baio. Desde aquí damos un paseo pola marxe dereita do río Porto, pasamos xunto á presa de SU A AGRA e chegamos a PEDRA VIXÍA, arranxada en 1994 polos veciños de Baio coa colaboración do concello. Continuando pola marxe dereita, camiñamos ata chegar á Ponte do Perrechudo, collemos a pista á esquerda e despois de visitar o Dolmen volvemos ao río pasando os muíños de Lamas e a rocha de Pedra Vixía.
Despois de deixar Pedra Vixía, dirixímonos ao mesmo punto de entrada e cruzamos unha pontela que nos leva ata PONTE LODOSO. Neste tramo tamén podemos ver como se atopan os dous ríos: o río Porto (que cruza a vila de Baio e desemboca na ría de Camariñas) e o seu afluente, o río Zas.
Xa en Ponte Lodoso cruzamos a estrada para volver a baixar á beira do río pola súa marxe dereita. Seguimos ata a ITV do Allo onde, por agora, temos que tomar a estrada ata volver a coller a beira esquerda do río en ponte Lodoso.
Neste lado do río atopamos o MUIÑO VELLO DE SU A AGRA, xa mencionado nun documento de 1644, o MUIÑO NOVO DE SU A AGRA de 1732 xunto coa súa presa, e un pouco máis adiante, o MUIÑO DAS QUINTAS. Estes dous últimos foron restaurados recentemente pola Asociación de Veciños Tabeirón. Seguimos camiñando ata o final desta andaina que remata no punto de partida, a Carballeira.

Son 11,5 quilómetros de dificultade moderada, cunha duración de 2 horas e media. É recomendable levar calzado adecuado.
Foto

Dolmen de Pedra Víxia

  • Foto de Dolmen de Pedra Víxia
  • Foto de Dolmen de Pedra Víxia
Foto

Foto

  • Foto de Foto
Foto

Muiño novo de Su A Agra

  • Foto de Muiño novo de Su A Agra
Foto

Foto

  • Foto de Foto
Muiño vello de su a Agra
Foto

Foto

  • Foto de Foto
Muiño das quintas

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta