-
-
1.466 m
686 m
0
5,2
10
20,68 km
Vista 4997 veces, descargada 51 veces
preto de Tejeira, Castilla y León (España)
10ª etapa da Mirada Circular (O camiño das Pallozas): Dende o depósito de auga de Teixeira ata Balboa. Esta rota transcorre case na súa totalidade pola pista forestal que nomeamos na rota anterior, ata a entrada a Cantexeira. Posiblemente ten unha vistas espectaculares e ademais temos a certeza que conta cunha importante fonte de 5 canos co mesmo número de augas distintas, todas elas medicinais; pero o día que realizamos nós a rota nevaba e xistraba en abundancia, o que nos impediu poder vela (a pesar de que se atopa preto do camiño), a cambio desfrutamos dunha paisaxe única, con todo o monte debuxado en branco. Xa en Cantexeira pódese facer un descanso na Palloza (reconvertida en restaurante) antes de continuar ata Balboa, nesta ocasión por un camiño ao lado do río e polo medio dos campos dos veciños (co conseguinte enfado por parte deles, naturalmente "pedir permiso" ). (Yeyi)
1 comentario
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
ghaillic 14-may-2010
Parabens pola ruta, por favor,si queredes apoiar a creación do Parque Natural dos Ancares, visitade a nosa web
http://ancares-terracelta.blogspot.com/