Tempo  3 horas 22 minutos

Coordenadas 1031

Fecha de subida 23 de octubre de 2018

Fecha de realización octubre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
545 m
128 m
0
3,5
7,0
13,95 km

Vista 961 veces, descargada 21 veces

preto de Rebordechán, Galicia (España)

Rebordechán é unha das moitas aldeas que esmorecen en Galicia. Que se apagan cheas de recursos naturais e humanos, de patrimonio cultural e etnográfico. Queremos compartir con vós unha ruta que comeza no antigo Camiño da Feira, con paradas nos muíños da Serra e da Laxiña ou na Casa do Soalleiro. Que vexades as teas de araña nas ventás, os lugares baleiros. Queremos conversar con vós, aprender, loitar xuntos e xuntas polo futuro das aldeas e o rural galego.

Ver más external

Sitio relixioso

Cruceiro do Pazo

Waypoint

Camiño da Feira

O nome deste camiño obedece ao uso que se lle daba os días 6 e 20 de cada mes; días nos que os veciños se desprazaban á feira da Cañiza.
Waypoint

Camiño da Feira

O nome deste camiño obedece ao uso que se lle daba os días 6 e 20 de cada mes; días nos que os veciños se desprazaban á feira da Cañiza.
Panoramica

Vista panorámica do Río Miño

Panoramica

Vista panorámica do Río Miño

Panoramica

Vista panorámica dende A Serra

Sitio relixioso

Peto das Ánimas

Cando os muíños funcionaban, e tamén a barca que cruzaba no Miño os pasaxeiros de Valongo e Vilanova; as persoas que os empregaban subían por este camiño e, ao chegar a este altiño, tomaban unha POUSA (feito que dá nome a este lugar). E xusto aquí (coincidencia), mentres tomban un aire, ofrecíaselles a oportunidade de dar un esmola polas ánimas dos defuntos.
Waypoint

Camiño dos Muiños

Waypoint

Camiño Real

Este é o camiño real que vai dende Tui a Castela.
Waypoint

Riobó. Lenda do Apóstolo Santiago

no lugar de Riobó, conta a lenda que, indo o apóstolo Santiago, (outros din que foi San Telmo), no seu cabalo, este tropezou e tirou co seu dono ao chan, deixando na laxa a marca da pata do cabalo e a punta do caxato. Foi nese intre cando exclamou: “río bo, río malo, aquí nunca máis haberá peixe, nin bo nin malo”. Así, neste regueiro ninguén se lembra de ter pesca.
Ruinas

Muiño da Verea

Ruinas

Muiño da Serra

Recibe este nome porque, na parte de atrás, aínda conserva a parede dunha antiga serra. Foi un muíño de “herdeiros” e contaban os máis vellos que a comida que lle daban aos canteiros era maioritariamente castañas.
Ruinas

Muiño da Laxiña

Muíño da Laxiña ou da Soledá. Dos once muíños que hai neste regueiro, foi o último en deixar de moer. Na porta, o muiñeiro nas súas “horas mortas” deixou gravados os acontecementos da aldea nos anos 50 do século pasado.
Waypoint

Casa do Soalleiro

O topónimo soalleiro indica un lugar moi exposto o sol. Nesta casa destaca a solaina de pedra, típica das casas máis antigas da aldea.
Waypoint

Coto das Espullas

Este coto está situado na ladeira do Castro do Coruxón, hoxe denominado de San Sebastián. Conta a tradición que o que lave as espullas coa auga que “milagrosamente” se mantén todo o ano nas tres coviñas do coto e torne a vista cara o San Bento de Rabiño (que está enfronte, no outro lado do río), á vez que reza o noso pai, desapareceranlle as espullas. Se non desaparecesen, pode deberse a que non se rezou coa debida fe ou a que se lavaron coa auga da coviña que non era.
Sitio relixioso

Capela de San Sebastián.

Esta capela está situada na ladeira do castro do Coruxón. A ela acudían a pedir axuda e a dar unha esmola os quintos da parroquia, por aquilo de que o santo foi un soldado romano mártir.
Fuente

Fonte dos dous curas

Hoxe, esta fonte non verte auga, pois foi desviado o seu nacente para outros aproveitamentos. Pero houbo un tempo no que dous curas que non eran moi amigos, partiron a auga en dous canos para non ter que beber polo mesmo sitio.

2 comentarios

  • lnacs 18 nov. 2018

    Ruta preciosa, organización excelente!!

  • Foto de Anifarex

    Anifarex 11 feb. 2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Una ruta digna de hacer, hecha con mucho cariño y cuidando los detalles, un "puntazo" lo de los códigos QR a lo largo de la ruta.
    Fantástica!

Si quieres, puedes o esta ruta