Tempo  unha hora 16 minutos

Coordenadas 482

Fecha de subida 5 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

-
-
84 m
50 m
0
1,2
2,5
4,96 km

Vista 1595 veces, descargada 10 veces

preto de Camposancos, Galicia (España)

Este percorrido lineal parte da Praia do Muíño (con espazo para aparcar) e remata na Xunqueira, zona especialmente interesante para o avistamento de paxaros (está dentro da zona ZEPA).
O roteiro forma parte do PR-G 160, que dado o seu caracter lineal e as distancias, non aconsellamos facer de ida e volta.
Esta senda liga na Praia do Muíño coa Senda Azul, que nos levaría á Praia de Area Grande, pasando polo Porto da Guarda.
Se non te apasiona a ornitoloxía, podes facer o percorrido ida e volta ata chegar á zona de instalacións deportivas, facendo un camiño de aproximadamente 90 minutos á beira do Miño, moi agradable e con zonas de sombra.
Percorrido totalmente plano e moi doado para camiñar.
Punto de Partida. Praia do Muiño. Aparcamento, cafetería e restaurantes.
Vista de Caminha (Portugal), dende a pasarela de madeira. Para @s bañistas, ollo en que parte da praia te das un chapuzón, hai zonas perigosas polas correntes e rochas.
Praia de Lamiña, zona de aparcamento, en época de verán tamén hai servizos como socorrista, chiringo, duchas e redes de volei.
Mesas con sombra ben xeitosa, adoita haber brisiña e a partir de aquí mudan un pouco as características do percorrido (hai algo máis de asfalto, urbanización máis agresiva e mesmo algunhas naves industriais).
Docas. Panel informativo
Colexio de Xesuitas (campo de concentración durante ditadura franquista), certamente un lugar con moita historia... aconsellamos ver un documental sobre este colexio moi interesante chamado "Memorial de Camposancos", do que deixamos a ligazón do vídeo promocional https://www.youtube.com/watch?v=lMpg7iSTHTs
Estación ornitolóxica da Asociación Naturalista do Baixo Miño. www.anabam.org
Forno do Duque
Observatorio da Ruta Ornitolóxica, máis adiante podes atopar outro na zona da Xunqueira
Fornos cerámica tradicionais, que contan con paneis informativos.
Observatorio ornitolóxico da Xunqueira, dentro dunha zona ZEPA, e onde se poden contemplar varios tipos de aves (hai paneis informativos)
A Xunqueira
Fin de ruta, se segues o camiño chegarás á igrexa de Salcidos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta