Descargar

Distancia

12,81 km

Desnivel positivo

372 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

372 m

Altitud máxima

336 m

Trailrank

36

Altitud mínima

2 m

Trail type

Circular

Tempo

3 horas 26 minutos

Coordenadas

3349

Fecha de subida

23 de septiembre de 2021

Fecha de realización

agosto 2021

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
336 m
2 m
12,81 km

Vista 36 veces, descargada 6 veces

preto de A Armona, Galicia (España)

Ruta a pé semiurbana pola desembocadura do río Miño e os camiños do Trega no concello da Guarda. Trátase dun percorrido circular con dúas partes moi diferenciadas: unha primeira moi chaira, acariñada polo Esteiro do Miño e o océano Atlántico, para despois encamiñarse ao cumio do Monte Trega, un lugar onde gozar da historia e dunha marabillosa panorámica desta zona fronteiriza de Galicia e Portugal.

Ruta realizada en agosto do 2021. Pode facerse en calqueira época do ano aínda que no verán poderás gozar dun agradable baño en augas atlánticas ao rematar a actividade.

CRÓNICA
O aparcamento das praias da Armona e da Lamiña, en Camposancos, é un punto ideal para comezar a ruta xa que nos permite estacionar sen problema e, no verán, ofrécenos a posibilidade dun refrescante baño ao rematar a actividade. Aínda que durante a primeira parte do noso percorrido seguiremos o PRG-160, no inicio obviaremos as súas pegadas para avanzar polos sendeiros e pasarelas de madeira máis costeiras. Deste xeito, descubriremos a praia do Muíño e o Piñeiral Castrexo, un bosque de piñeiros pintados con motivos gráficos dos petróglifos do Monte Trega.

Dende alí, avanzaremos a rente ao mar por unha zona de salinas ata o peirao da Guarda, abandonando a desembocadura do río Miño e seguindo a costa atlántica cara o norte. Despois dun pequeno percorrido pola vila enfrontarémonos á única subida da ruta ao ascender dende o nivel do mar ata os 341 metros do Pico de San Francisco.

No Monte Trega desfrutaremos dun conxunto arqueolóxico, relixioso e paisaxístico único no país. A citania de Santa Trega ofrécenos un dos exemplos máis importantes da cultura castrexa e romana de Galicia, mentres que dende o Pico do Facho e San Francisco albiscaremos o Esteiro do Miño, o illote da Ínsua e a costa portuguesa, o val do Rosal, o porto e o centro urbano da Guarda.

Pecharemos a ruta circular baixando cara Camposancos polos Camiños do Trega (PRG-122), un descenso rápido e sinxelo a través dun bosque inzado, desgraciadamente, de acacia negra e eucalipto que remata á beira do Miño. É recomendable

*Esta proposta aproveita, en boa parte do seu percorrido, tanto o PRG-160 Desembocadura do Miño coma o PRG-122 Camiños do Trega.
Praia

Praia do Muíño

Árbol

Piñeiral Castrexo

  • Foto de Piñeiral Castrexo
Conxunto de piñeiros pintados polo artista Xosé Cabaleiro con motivos dos petróglifos atopados no Monte Trega.
Ruinas

Salinas

  • Foto de Salinas
Foto

A Guarda

  • Foto de A Guarda
Waypoint

Subida ao Monte Trega

Sitio arqueolóxico

Citania de Santa Trega

  • Foto de Citania de Santa Trega
Panoramica

Pico do Facho

  • Foto de Pico do Facho
Panoramica

Pico de San Francisco

  • Foto de Pico de San Francisco
Waypoint

Atallo recomendado

Waypoint

Atallo recomendado

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta