-
-
151 m
0 m
0
2,4
4,9
9,75 km

Vista 35 veces, descargada 1 veces

preto de Porto do Barqueiro, Galicia (España)

Ruta dende o Porto do Barqueiro ata o Porto de Bares pola costa cunha prolongación ata ver os muiños da Vila de Bares (cheos de vexetación e pouco practicable). Comeza subindo polo casco vello do Barqueiro ata chegar á rúa do Sol. Alí collemos unha pista asfaltada que nos leva ata a praia do Castro e de Vilela. Nesta última praia, subimos polo regato cun muiño e despois dunha ruta entre espesos loureiros chegamos ó caserio de Vilela. Subimos pola dereita (seguir track) ata o lugar de Campelo que bordearemos polo leste. Deixando un primeiro ramal á dereita e máis tarde un á esquerda seguiremos polr un camiño que nos deixará na praia de Bares. Se a marea está baixa iremos polo areal ata o porto de Bares. Unha vez nel subiremos pola estrada ata a Vila de Bares e no cruce de A Estaca apartaremos por un sendeiro que levaría ata a ribeira onde se atopa unha sucesión de muiños nun pequeno regato. Nesta datas o sendeiro está impracticable con moitas silveiras e ortigas. Bordeando os muiños chegamos a uns muiños de vento que estarían no arranque da vila de Bares.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta