• Foto de DO LOUZARA A SEOANE DO COUREL POLO VAL DO RIO PEQUENO 25-ABR-17
  • Foto de DO LOUZARA A SEOANE DO COUREL POLO VAL DO RIO PEQUENO 25-ABR-17

Coordenadas 449

Fecha de subida 8 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
1.155 m
650 m
0
3,9
7,9
15,79 km

Vista 172 veces, descargada 8 veces

preto de San Cristovo de Lóuzara, Galicia (España)

Ista é unha ruta feita en 2006 por min como moitor nunha camiñada da Sociedade de Montaña Ártabros de A Coruña que se volve a realizar en novembro de 2017- con Carmina de monitora-, con algunhas pequenas modificacións sobre a inicial por mor do paso do tempo e o cambio nalguns camiños.
Sae de San Cristobo de Louzara (concello de Samos) e remata en Seoane do Courel (concello de Folgoso do Courel) e ten tres partes ben diferenciadas:
A primeira parte, transcorre pola marxe dereita do val do Lóuzara, en baixada continua pasando por pequenas aldeas como Campos, onde paga apena parase a contemplar a magnífica casa parroquial, e San Xoan ata chegar á Ponte de Louzara onde cruzamos o río.
A segunda parte é de ascenso continuado pola marxe esquerda do Lóuzara ata a golada de Pedrafita tamén chamada de Chao da Pedra, pasando por pequenos casarellos como Santo Isidro e Bustofrío.
A terceira parte é de descenso cara ao río Lor, dende a golada de Pedrafita ata Seoane do Courel, transcorrendo a carón do seu afluente o río Pequeno. Pásase por aldeas como Pedrafita, Paderne e o Mazo, que contan con tres establecementos de turismo rural (dous en Paderne e o outro corresponde ao complexo do Mazo).
En todo o percorrido imos a ver abondante vexetación, bosques e fragas, habendo tramos que son verdadeiros tubos vexetais, con chan excavado e a vexetación envolvendo o camiño. Será na terceira parte cando pasaremos por algún dos soutos máis grandes de Galicia como o de Meiraos. Os ríos son parte importante e razón da ruta. Así na Ponte Lóuzara cruzarémolo Lóuzara que ven de abeirar o xigantesco Monte Oribio. No río Pequeno, un dos tres afluentes máis importantes do Lor, poderemos facer desviacións para ver a Poza do río Pequeno - unha fermosa e alongada fervenza-, e para ver as cabanas de Carballois.
Remáta a camiñada en Seoane do Courel.
Xúntase o tríptico informativo da actividade realizada en novembro de 2017 pola Sociedad de Montaña Ártabros.
25-ABR-17 17:47:22
25-ABR-17 12:55:09

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta