Coordenadas 1204

Fecha de subida 26 de enero de 2014

Fecha de realización enero 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
540 m
346 m
0
3,6
7,2
14,39 km

Vista 2236 veces, descargada 61 veces

preto de A Veiga, Galicia (España)

O Arenteiro nace a 840 m de altitude na Pena de Francia (concello de Cea) e, logo de recibir as augas do río Oseira, pasa pola vila de O Carballiño, poboación que xurdiu no século XVII arredor da feira promovida polos frades do mosteiro de Oseira.
A nosa andaina, sendo circular, podémola comezar na antiga ponte de A Veiga (séc. XII-XIV) e polo paseo fluvial acompañamos a baixada do Arenteiro pola súa marxe esquerda, atopándonos ao noso paso coas instalacións do Gran Balneario, a piscifactoría para a cría de troita, a Pena dos Namorados, unha antiga fábrica de papel e o Parque Etnográfico. Aquí cruzamos o río e seguimos polo sendeiro de pescadores para acadar a aldea de Godás do Río.
Agora, xa afastándonos do Arenteiro, o periplo segue por Enfesta ata chegar a carballeira onde se celebra a romería da Virxe da Saleta, en Astureses, concello de Boborás. Estamos nas lindes entre este último concello e O Carballiño.
Proseguimos por A Gouxiña, Barro e, a sombra de piñeiros, baixamos ata A Barreira e mais A Veiga para así rematar na súa ponte, punto de inicio do roteiro (preto do Cuartel da Garda Civil).

Ver más external

Aldea de O Carballiño.
Aldea de O Carballiño, preto das lindes co concello de Boborás.
Lugar de comezo do percorrido, no Carballiño.
Área recreativa preto da piscifactoría, no Carballiño.
Gran Balneario de O Carballiño, nas beiras do río Arenteiro.
Aldea do concello de O Carballiño.
Carballeira en Barro, O Carballiño.
Aldea de O Carballiño, preto das lindes co concello de Boborás.
Fonte na beira esquerda do río Arenteiro.
Fonte na área de lecer da marxe esquerda do río Arenteiro, preto da piscifactoría.
Fonte na aldea de Enfesta.
Fonte na Barreira, O Carballiño.
Lavadoiro e fonte na Barreira, O Carballiño.
Lugar no concello de O Carballiño.
Mina de auga en Godás do Río.
Muíños no río Arenteiro, no concello de O Carballiño.
Antiga fábrica de papel no concello de O Carballiño, as beiras do río Arenteiro.
Pasarela sobre o río Arenteiro ao seu paso polo concello de O Carballiño.
Pasarela sobre o río Arenteiro ao seu paso polo concello de O Carballiño.
Pasarela de madeira sobre o río Arenteiro ao seu paso polo concello de O Carballiño.
Pasarela de madeira sobre o río Arenteiro ao seu paso polo concello de O Carballiño, preto do Parque Etnográfico.
Piscifactoría para a cría de troita, no río Arenteiro.
Bosque de piñeiros n´A Barreira, O Carballiño.
Ponte dun sólo arco sobre o río Arenteiro, feito entre os séculos XII e XIV.
Ponte metálica sobre o río Arenteiro, no concello de O Carballiño.
Afluente do Avia que nace na Pena de Francia (Cea) e pasa polo centro de O Carballiño.
Carballeira no monte de A Saleta cunha igrexa na honra da Virxe. Está en Astureses, concello de Boborás, e lindando con terras de O Carballiño.

4 comentarios

  • pattocuak 09-mar-2017

    Hola!
    Ves esta ruta apta para hacer con mis perras? Busco senderos libres de caballos y bicis.
    Gracias!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-mar-2017

    Caballos, no creo. Bicicletas, es posible.
    Saludos, Nuria.

  • pattocuak 09-mar-2017

    Gracias! vaya memoria!

  • benignogarfre 01-feb-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La primera parte es muy chula. Se baja acompañado del río Arenteiro. Luego se sube hasta el santuario de la Virgen de la Saleta. Ascensión fácil. Y luego de un tramo poco definido y de asfalto, te adentras en un bosque muy bonito de pinos. El último tramo es por asfalto hasta la pintoresca ponte da Veiga, hasta terminar enfrente al Cuartel de la Guardia Civil de Carballiño.

Si quieres, puedes o esta ruta