Coordenadas 644

Fecha de subida 5 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
166 m
22 m
0
2,3
4,7
9,37 km

Vista 186 veces, descargada 3 veces

preto de Ramallosa, Galicia (España)

Ruta que une a Senda Natural do Rego de Sestelo coa ponte colgante da Mariola no Couto de Pesca de Couso / Xirimbao no Río Ulla. A andaina comeza no recentemente recuperado Camiño Xacobeo e dos Arrieiros (que une Braga coa capital compostelá) nunha paraxe situada no linde entre as parroquias de Lucí e Rarís. Nesta “Illa de Sombra” da vía xacobea comeza un treito de varios quilómetros á beira do Rego do Sestelo ou do Chao para finalizar na vila de Pontevea. Un novo camiño de Santiago, xa recoñecido polo Cabido da Catedral Compostelá, no que cómpre destacar nesta treito, a Ponte Nova de Rarís, a Fonte da Florida, a Igrexa Románica de San Cristovo de Reis, e Ponte Medieval de Pontevea, catro enclaves de referencia deste vieiro histórico empregado dende o Medievo polos peregrinos e posteriormente polos arrieiros para transportar o viño do Ribeiro ata Compostela e ás Rías Baixas.
Remataremos a camiñada á beira do Ulla seguindo o itinerario de interese paisaxístico proposto pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para conectar os diferentes elementos de gran valor paisaxístico, cultural e natural desta zona da Ribeira do Ulla entre os concellos de Teo e A Estrada. Dende a Ponte de Pontevea, icona do concello e Ben de Interese Cultural, os/ as sendeiristas camiñarán polos sendas de pescadores atravesando antigas carballeiras e bosques de ribeira, contemplaran as insuas do Ulla e os derradeiros vestixios das pesqueiras da parroquia de Reis para rematar na ponte colgante da Mariola, que segue a cativar a miles de visitantes que se achegan á ribeira deste val “deleitoso” como o nomeaba a poeta Avelina Valladares.
Esta ruta foi acondicionada polo goberno municipal teense en colaboración coa Asociación "Entre As Pontes" de Pontevea.
Area de lecer
Desembocadura do Río Santa Lucía
Pasarela Mariola
Ponte Medieval no linde entre as provincias da Coruña e Pontevedra
Refuxio de pescadores

1 comentario

  • oscariño 09-sep-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Fíxena onte co grupo Goza do Ulla, preciosa.
    Grazas á organización!

Si quieres, puedes o esta ruta