Tempo  4 horas 41 minutos

Coordenadas 1962

Fecha de subida 28 de octubre de 2016

Fecha de realización junio 2016

-
-
635 m
22 m
0
3,5
6,9
13,88 km

Vista 682 veces, descargada 25 veces

preto de Domaio, Galicia (España)

Ruta circular pola parroquia moañesa de Domaio. O comezo da ruta, moi perto de onde o rego da Freixa verte as augas na ría, está bastante pechado pola vexetación. Pero se afastamos unhas cantas pólas, axiña estamos nun camiño bastante limpo na marxe dereita do río (marxe esquerda no sentido da ruta). O inicio é pouco vistoso pero pouco despois de cruzar a estrada e deixar un moi breve tramo de asfalto, atopamos a típica ruta de río con bastantes muíños, algúns deles restaurados.
Percorrido quilómetro e medio temos que pasar baixo o corredor do Morrazo, en obras para o converter en autovía cando nós fixemos a ruta. Os desterros das obras obrigáronnos a dar unha pequena volta para dar coa continuación da nosa senda. Ao pouco chegamos a unha fermosa fervenza.
Deixamos o río e, ao saírmos á estrada, deixamos á nosa esquerda unha urbanización inacabada. O paseo non é moi atractivo até que comecemos a coller bastante altitude e poidamos gozar coas vistas. Pouco despois do km 4 a vista sobre a ría de Vigo xa é espectacular.
Sobre o km 6 temos unha fonte na que podemos abastecernos de auga e medio quilómetros despois xa estamos no cumio do monte Faro, coas súa enormes antenas de comunicacións. A vista completa sobre a ría é fabulosa e subindo ao cumio, pasando xunta as cercas que redean as antenas, saúdanos a ría de Pontevedra, coa illa de Ons fronte a nós.
Iniciamos o descenso e en menos dun quilómetro estamos na área de esparexemento de Chan de Arquiña, co seu dolmen escavado e ben conservado. Uns catro mil anos de historia diante dos nosos ollos, un dolmen de cámara poligonal composta por once pedras verticais e un corredor, formado por cinco pedras verticais. Como a maioría das mámoas, a entrada oriéntase ao leste, á saída do sol.
Dende aquí podemos desviarnos da ruta e ascender ao monte Gagán (pronunciado Ghaghán pola xente, castelanizado absurdamente en Jaján e regaleguizado moi erroneamente como Xaxán, como algunhas Regas que por este mesmo "proceso" acabaron en topónimos "Rexas", velaí o de Priegue, Nigrán). Mais nós continuamos descendendo e en pouco máis de 2,5 km, con algún tramo inevitable de asfalto, damos cos límites do campo de golf. O rego Miñouva aprovéitano para este campo e é o mesmo rego que forma a fermosa e mítica poza da Moura.
A poza da Moura, que haberá que ver se queda afectada polo desdobramento do corredor do Morrazo (a fervenza que se forma despois da poza está mesmo ao pé da estrada, á beira do arranque dun viaducto), amósasenos como un aténtico jacuzzi natural e dende aquí temos unha vista ben fermosa sobre a ría, principalmente cara ao estreito de Rande.
Unha das versións da lenda da poza é esta: "Conta a lenda que en Domaio vivía un mouro moi rico que tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás agachadas na poza da Moura cun campesiño da zona co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai, furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada de dor, guindouse á Poza da Moura na que se afogou. En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a poza da Moura e hai quen di que na noite da san Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar".
A nosa mitoloxía está inzada de mouros e mouras, de tempo precristián e que nada teñen que ver co mundo musulmán. Habitantes primitivos que convivían cos nosos devanceiros. Algunha variante da lenda mesmo nos fala de que o mouro chegara a Domaio dende santa Trega, de onde marchou fuxindo da expedición romana de Décimo Xunio Bruto, e mesmo engade que o peite de ouro quedou no fondo da poza.
Tras deixar a poza atopamos un fermoso muíño, que nos ofrece unha vista aínda mellor. De aquí á fin da ruta preséntanse diversas alternativas para chegar de novo a zona portuaria de Domaio.
Rego da Freixa e carballo
Ponte
Panel cun plano da parroquia de Domaio
Pontella de madeira
Muíño dos Avisoiros
Ponte e muíño. Zona de obras na estrada no verán de 2016, ampliación do corredor do Morrazo que confiemos en que respecte os pasos desta ruta.
Ponte e fervenza no rego da Freixa
Muíño do Cambeiro
Muíño do Pozo. Fervenza
Panorama ría de Vigo
Monte Faro. Vista ría de Vigo e ría de Pontevedra
Chan da Arquiña. Mámoa
Poza da Moura

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta