Tempo  5 horas 40 minutos

Coordenadas 3006

Fecha de subida 9 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

-
-
560 m
42 m
0
4,4
8,8
17,66 km

Vista 72 veces, descargada 6 veces

preto de Domaio, Galicia (España)

O día no nos acompañou nesta bonita ruta, moita brétema, algo de aire no alto e bastante choiva.
Aínda así fixémola. Iniciámola diante da Capela de San Bieito, no lugar de Palmás en Domaio.
Xusto alí comenzamos a subida pola ruta “Sendeiro da Freixa-Poza da Moura”, segundo nos indica un cartel un pouquiño antes de cruzar o Souto das Camelias, un belo lugar cheo de árbores de esa preciosa flor.
Continuando polo sendeiro pegado ao regato, atopamos unha serie de muíños, a maioría en ruínas.
Está en boas condicións para camiñar, ten pasarelas de madeira en bo estado. O arboredo é totalmente autóctono. En resume un bonito e agradable paseo pola beira do río.
A subida prolóngase ata a Chan da Arquiña. Antes pasamos polo miradoiro e área de lecer “Outeiro do Aviador”. As vistas son espectaculares da Ría de Vigo e o seu contorno.

Chegamos a Chan da Arquiña, case non paramos, chove bastante e coa néboa non se ve nada, tampouco subimos ao Monte Faro, como tiñamos pensado.

Agora toca baixada, pasamos pola beira do campo de golf, pola Poza Moura, cruzamos Verdeal para enlazar de novo co Sendeiro da Freixa, preto xa do inicio da ruta.

Agora toca xantar para repoñer forzas. Facémolo no restaurante Casa Ríos ao lado da capela onde iniciamos a ruta. Temos que comentar a boa calidade dos productos de este restaurante. A relación calidade/prezo é excelente. A atención moi boa, sempre está cheo, polo que hai que reservar mesa antes de ir.

Apenas ten asfalto, agás polos pobos que cruzamos. Tamén atopamos polo medio do monte algún camiño recheo de formigón, non sabemos moi ben a razón. O resto polo monte son pistas forestais que se poden camiñar sen ningún problema.

O tempo en movemento foi de 4 horas 57 minutos.
A media: 3,58 quilómetros hora
O Club GOLF RÍA DE VIGO, situado nas Rías Baixas de Galicia, a 10 minutos de Vigo, 15 de Pontevedra e 35 de Santiago de Compostela, constitúese como un dos máis completos de Europa. O Campo de Golf Ría de Vigo é un prodixio de situación, beleza e deseño, co mar como fondo. Cen hectáreas de extensión nas que nada foi deixado ao azar. Deseñado por Ramón Espinosa, artífice doutros importantes campos na nosa xeografía, o Campo de Golf Ría de Vigo ten 18 foxos championship que cumpren xa seis anos abertos ao xogo. Cando falamos do Campo de Golf Ría de Vigo hai que mencionar inevitablemente a dificultade do seu percorrido con seis lagos e un río, a dificultade para "negociar" os greenes e a necesidade de utilizar os paus da bolsa e tentar a precisión antes que a lonxitude. A estas características hai que engadir unha cuarta: a contorna. O Campo de Golf Ría de Vigo coida especialmente o que se deu en chamar "Hoyo 19" :un restaurante especializado en comida galega e con ampla oferta en cociña internacional. É o eixo da zona social integrada por amplos salóns, terrazas de verán, restaurante infantil e zonas de descanso; nunha construción dotada de grandes ventás e as mellores vistas do lugar. Club de Golf Ría de Vigo
(Galicia Máxica) (Wikipedia) Coa néboa e a chuvia casi non puidemos pararnos nin a mirar o dólmen.
Caqui, kaki ou pau santo, Diospyros kaki, unha froita orixinaria de China e Xapón. O persimón é o caqui duro. O caqui ten un sabor doce, é de cor laranxa ou avermellada cunha polpa moi carnosa. O caqui é unha das froitas de tempada de outono, como o aguacate, a chirimoya ou a granada. O caqui é unha froita que podemos comer ao natural soa ou utilizar en receitas de cociña de sobremesas e doces como xelatina, xeados, puding, salsas, tortas, batidos, de recheo en empanadillas doces, etc. Aproveita o sabor e as propiedades dos caquis ecolóxicos. Valor nutricional do caqui O caqui é unha froita que contén un 80% de auga, despois o macronutriente con maior presenza son os carbohidratos, segue a proteína vexetal e por último ten cantidades mínimas de graxa. En canto aos micronutrientes do caqui, esta froita é rica en vitamina A (β- carotenos), contén folato ou B9, C e B3 ou niacina, E ou tocoferol e B6 ou piridoxina. Os principais minerais que contén o caqui son potasio, calcio, fósforo, magnesio, iodo, sodio, selenio e ferro. O caqui ademais achéganos fibra soluble coa pectina e os mucílagos. Tamén posúe taninos que teñen efecto astringente, pero a medida que madura o froito vanse perdendo. O valor calórico do caqui é de 65 kcal por cada 100 gramos de froita.
Conta a lenda que nas noites de verán óense en Domaio os queixumes dunha " moura". Este ser mitolóxico galego, sempre de excepcional beleza, chora a perda do seu amado a mans do seu pai, que non aprobaba a súa relación cun campesiño. Ela, rota de dor mergullouse na poza que hoxe leva o seu nome. Desde entón, a bela rapariga tan só aparécese nas noites de San Xoán, cando se pode ver desenleando os seus cabelos cun peite de ouro. Este fermoso relato, irmán doutras miles de historias sobre " mouros" e " mouras" en Galicia, deu nome a un dos puntos máis bonitos e máxicos do Morrazo. "A Poza dá Moura" é unha charca natural conformada polo río Muíños no seu rápido discorrer polo Monte Domaio. As súas augas, tan cristalinas como frías, ofrecen un "jacuzzi" cunha excepcional panorámica da ría de Vigo e a ponte de Rande. Galica Máxica

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta