• Foto de Dumia
  • Foto de Dumia
  • Foto de Dumia

Dificultade técnica   Moderado

Tempo  43 minutos

Coordenadas 392

Fecha de subida 2 de junio de 2013

Fecha de realización junio 2013

-
-
763 m
687 m
0
1,1
2,2
4,36 km

Vista 1132 veces, descargada 2 veces

preto de Dumia, Galicia (España)

Dumia

1 comentario

  • jesu rodriguez 03-jun-2013

    Distancia: 4.36 kms
    Duración estimada: 45 minutos sin paradas.
    Dificultade: moderado
    Cota máxima: 763; cota mínima 687 m)
    Percorrido: Dumia, monte de Dumia, Xunqueira dos Picos, Os Picos, Dumia. .
    Lugares de interese: Pena dos Munteiros, zona de tiro o plato de Dumia, A capilla de Dumia, Torre de Dumia.
    Tipo de terreo: Altérnanse zoas de asfalto con camiños , sendeiros e monte , que poden estar con lama se chove neva ou graniza.

    DESCRICIÓN DO PERCORRIDO:

    O percorrido comeza e remata xunto a Capilla de Dumia, por iso se trata dun circuito cerrado. Xunto a Capilla atópase a Torre de Dumia, unha antiga torre que, a pesar de estar en ruínas ten un gran valor económico.
    Seguimos o percorrido e durante os primeiros 0,6 quilómetros vamos por unha estrada asfaltada. Neste momento do percorrido abandonamos a estrada e introducímonos nun camiño que nos levará ata a fermosa Pena dos Munteiros, desde esta Pena observamos unhas vistas maravillosas: podemos observar San Román, Becerreá, e unha gran cantidade de aldeas situadas ao carón de Dumia (Santo Tomé, A Achá, A Estrada, Os Picos, Eilarrio, Seixas, Bolois, Pandelo e varias máis).
    Neste sitio pegamos volta ao noso percorrido pero non volvemos polo mesmo sitio; e neste momento cando realizamos o único ascenso considerable,un ascenso que se prolongará aproximadamente medio quilómetro (neste medio quilómetro hai zonas de llanuras) e que nos permitirá alcanzar a nosa cota maxima (763m)
    Comezamos aora un descenso que nos levará a entrada da aldea chamada Os Picos onde alcanzaremos a nosa cota miníma 687 metros, dito descenso terá lugar ata os 2,9 kms de empezar o percorrido por un camiño non dispoñible para automóbiles (agás todoterreos) e desde os 2,9 kms ata os 3,5 kms por unha estrada xa asfaltada.
    Neste punto meteremonos por un camiño que nos levará asta o fin do noso percorrido, retornaremos ao punto de inicio. Por ese camiño so poden pasar persoas e animais.
    Así se remata o noso percorrido.

Si quieres, puedes o esta ruta