-
-
768 m
601 m
0
2,6
5,2
10,4 km

Vista 1539 veces, descargada 12 veces

preto de Becerreá, Galicia (España)

Distancia: 10,4 quilómetros.
Duración estimada con parada na casa de María: 2 horas 16 minutos e 12 segundos.
Dificultade: Medio.
Desnivel: 336 (cota máxima: 768m, cota mínima: 601)
Percorrido: Nacional cerca do IES Becerreá, Anovello, Vilar de Ousón, Herbón, estrada de Sarria, a feira vella e punto de saída.
Lugares de interese: monte de Penalta, camiño da Moura, soutos de carballos moi antigos que están moi ben rozados e varios pasteiros.
Tipo de terreo: Altérnanse asfalto con fochas, camiños de pedra. Tamén ser forma barro cando chove ou onde hai regatos.

Descrición do percorrido:
A ruta é circular. Dá comezo na nacional sexta preto do instituto. Son 10,4 quilómetros por un entorno hurmano e de monte. Onde se alternan camiños de pedra e asfalto. A ruta non ten moitos desniveis importantes, e case toda chán
ata chegar a Vilar que, para subir ata Herbón é todo para arriba e logo altérnanse baixadas e subidas. Polo que pode considerarse unha camiñata doada. O peor, está claro, que foi andar tantos quilómetros.
Realizamos a ruta María Castro e Sandra Espín no noso tempo de lecer. Foi o venres 10 de maio. Completamos o percorrido a unha velocidade media en movemento de 4,58 quilómetros hora.
Dende a saída collemos nacional, camiño a feira nova e logo ata chegarmos a Vilar. Logo continuamos por un camiño de terra e pedras que nos conduciu ata Herbón. Dende alí baixamos cara Becerreá pola Moura de dous quilómetros. Ao final saímos á estrada de Sarria e cara ao punto incial.
Durante todo o percorrido fomos vendo diferentes partes da nosa Becerreá. Tamén tivemos a oportunidade de ver distintas aldeas, podendo coñecer máis lugares ós que temos preto de nós no día a día. Na ruta tamén apreciamos as vistas das pontes tanto máis antigas, como pode ser a de Cruzul, ou como as máis novas que son as da autovía.
Tamén observamos diferentes tipos de árbores como carballos, nogueiras, castiñeiros, xardóns e piñeiros.
No camiño houbo algo que realmente nos sorprendeu, na terra había unhas mascas dun auténtico oso como veremos nas fotos (a ver que opinades).
Queremos destacar os camiños que nos conducen a diferentes aldeas, que algún son anchos e outros estreitos, uns con pedras e outros con asfalto. Tamén puidemos ver carreiros polos que pasan distintos animais como xabarís ou corzos.
E non nos podemos esquecer das grandes e preciosas vistas que hai cara os Ancanres.
Rematamos a ruta cansadas pero eso si pero mereceu a pena.

7 comentarios

  • f.follana 16-may-2013

    Hola, moi ben! Boa camiñata fixestes. Agora tedes que engadir un texto coas pautas que vos dei
    saúdos

  • Sandriña de Doncos 27-may-2013

    Gracias Ferenanda agora nos poñeremos. :)

  • Sandriña de Doncos 27-may-2013

    ** Fernanda

  • f.follana 29-may-2013

    Pásolle o texto a Chema para que o corrixa.

  • f.follana 29-may-2013

    Onde vistes estas marcas???? en vilar de Ouson
    A min parçecenme mçais dunha guillada que dun oso... ja ja https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/dura-e-intensa-ruta-de-penalta-4455935/photo-2292045

  • f.follana 18-jun-2013

    Está corrixida?

  • Sandriña de Doncos 19-jun-2013

    Agora si.

Si quieres, puedes o esta ruta