-
-
493 m
-44 m
0
7,0
14
27,81 km

Vista 143 veces, descargada 0 veces

preto de Pontesampaio, Galicia (España)

Preparamos esta saída co ánimo de recuperar o sendeiro que fai anos (alá polo 1996) tentarase homologar por parte do noso e o Concello de Pontevedra. Fixemos un par de intentos previos para comprobar como se atopaba o percorrido orixinal e decidimos trazar algunha variante, sobre todo na zona do Campiño e na Ermida moi afectadas polo polígono e a autovía.
Finalmente decidímonos a levala a cabo o 18 de novembro deste ano e xuntámonos unha boa tropa: rapaces e non tan rapaces. Saímos cedo para coller o tren ata Arcade, e como era cedo aínda aproveitamos para almorzar e coller forzas.
De saída cóllese un bo treito do Camiño Portugués, pasando pola fermosa ponte de pedra de Pontesampaio onde tomamos unha foto conmemorativa daquela primeira ruta que se fixera no ano 1996...
Cando se abandona o Camiño Portugués acadamos o río Ulló. O río nese intre vai algo baixo de caudal, pero agrádanos a súa boa conservación, entre pedras e musgo medran os carballos e frondosas de ribeira, loitando contra os eucaliptos que os rodean. Dende alí subimos á vila e ó Alto do Rañadoiro, pasando ó carón de varios cruceiros e onde xa se collen unha boas vistas da illa de San Simón e a desembocadura do río Verdugo.
Ó pouco de atravesar a aldea nos atopamos co “Paredón”, construción antiga de pedra da que o noso club foi impulsor da súa restauración. Trátase dunha construción duns 150 metros de longo, que servía como canalización ou acueduto para a auga que se acumulada nunhas balsas de pedra que podemos atopar continuando o noso camiño.
A senda sigue subindo levemente por unha corredoira ata atopar a pista forestal que rodea A Fracha de Norte a Sur. Un pouco antes dunha caseta forestal aproveitamos para facer unha parada e repoñer forzas.
Saimos da ancha pista forestal para voltar ós carreiros, neste caso rodeados de especies alóctonas como eucaliptos e acacias. Atravesamos unha plantación de piñeiro e desviándonos á dereita acadamos o Alto da Fracha, onde desfrutamos das vistas que dan nome a ruta “Entre rías”...
Baixamos ó merendeiro a xantar, e logo diso collemos a estrada que leva ó Campiño para logo meternos por un corta lumes con bastante desnivel. Deixamos o polígono e atopamos o lugar da Ermida, agora afectada pola construción da autovía de circunvalación a Pontevedra.
Continuamos cara abaixo ata cruzar a PO-531 no lugar de Pintos, cara a Mourente. Comezamos a subir levemente ata unha repoboación de piñeiros e frondosas na zona dos montes do Castro e Monte Xanín. Baixamos de novo a cruzar a N-541 á altura de Carabelos e nos achegamos pola zona da Condesa á senda peonil do Lérez. Á altura do Balneario de Monteporreiro cruzamos cara a igrexa de San Bieito de Lérez, onde poñemos fin á nosa ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta