Tiempo en movimiento  54 minutos

Tempo  2 horas 36 minutos

Coordenadas 698

Fecha de subida 11 de octubre de 2020

Fecha de realización octubre 2020

-
-
804 m
618 m
0
1,3
2,5
5,01 km

Vista 26 veces, descargada 0 veces

preto de San Lorenzo, Galicia (España)

"Aventura" percorrendo lugares que, noutros tempos, estaban limpos e eran produtivos. Agora nin camiños; nin prados; nin preseiras, calzadas e caldeiras de regar; nin viñas; nin a ponte da Ribeira... Todo un bosque, un mato ou unha arroxa. Este mundo está morto e non só de morte natural: a política dos poderosos determinou que esta terra quedase despoboada. Que quererán facer dela...?
Este percorrido non é para que ninguén curioso de fóra o faga. En realidade si que pode facelo, pero non lle vai atopar o significado que as persoas que o vivimos noutro tempo percibimos.
A mor parte do traxecto hai que facelo furando por entre a vexetación ou as gándaras dos lumes do verán antepasado.
Foto

Os Muíños

Prado, que aínda conserva parte despexada.
Foto

A viña da Charquiña

Foi viña, logo piñeiral, hoxe a vexetación local vai recuperando o que foi dela.
Río

Río da Ribeira

Fervenza

Fervenza dos Muíños

O abandono dos prados de arredor fixo que se derrubasen as cembas que encostan este caedeiro de auga que nalgún tempo moveu algún muíño, polo que di o nome e polo que dicían os vellos que dicían os seus vellos. Nunca se puido ver tan despexado este pequeno cachón.
Ruinas

Piares da Ponte da Ribeira

Unha fermosa ponte que a xente co común construíra e mantivera atravesaba o río neste punto. Xa non queda nada do piar central nin loxicamente do taboleiro. Quédanos o recordo e as fotos de como era.
Ruinas

Adega

Adegas con lagares e presa de viga. Xa vai moito, moito, tempo que están en desuso. Mesmo cando aínda se cultivaban as viñas.
Ruinas

Adegas das Novadas

Ruinas

A Petada Vella

Camiño pino que subía dende o río. O de "Vella" é para diferenciar da dos Muíños.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta