Tempo  4 horas 28 minutos

Coordenadas 1157

Fecha de subida 25 de marzo de 2017

Fecha de realización marzo 2017

-
-
1.894 m
1.746 m
0
3,1
6,3
12,55 km

Vista 382 veces, descargada 1 veces

preto de Silván, Castilla y León (España)

Ruta 9 dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo, campus de Ourense. Non se puido chegar cos buses ata a saída proxectada na louseira de Valborraz, polo que houbo que comezar na proxectada "estación de esquí" de Trevinca. O percorrido fíxose así máis longo e tedioso, ainda que a beleza da paisaxe nevada fixo esquecelo.
Tampouco se puido facer o trazado previsto, ben pola forte nevada que facía perigoso o descenso ata o Teixadal, ben porque o horario non daba para ir ata a lagoa do Penedo.
Con todo, foi un bonito percorrido pola fermosura dos montes nevados e tamén co punto de dureza que provoca o atrochar pola neve ata os xeonllos nos nevieiros.
Para que descoñecía a historia tamén foi unha descuberta saber que nestas paraxes houbo un campo de concentración xestionado por alemáns na época da II Guerra Mundial e ditadura franquista.
A dificultade defínoa como moderada porque o perfil non é moi difícil, aínda que pola neve podería poñerse como "difícil".
  • Foto de Paisaxe nevada 1
  • Foto de Paisaxe nevada 1
  • Foto de Canteira de Valborraz
  • Foto de Canteira de Valborraz
Lugar de onde estaba previsto iniciar a ruta.
  • Foto de Recreo
  • Foto de Recreo
  • Foto de Recreo
Parada para diversas xestións corporais e non corporais.
  • Foto de Pausa
  • Foto de Pausa
Pausa para o mesmo.
  • Foto de Teixedal e macizo de Trevinca
  • Foto de Teixedal e macizo de Trevinca
  • Foto de Teixedal e macizo de Trevinca
Vista ao Teixedal dende a ladeira de enfronte. Cara o sur, Pena Surbia e Trevinca Norte.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta